El Despertar Gallego (1922)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Despertar Gallego foi un periódico editado en Bos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales na República Arxentina entre 1922 e 1930.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina, comezou a editarse o 1 de xaneiro de 1922, dirixido por Antón Alonso Ríos. Posteriormente foi dirixido por Eduardo Blanco Amor. Entre os seus colaboradores estaba Ramón Suárez Picallo, que foi secretario de redacción.

Inclúiu crónicas e noticias das súas actividades así como información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que se critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española dende unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén aparecen traballos cunha temática moi variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo, etc.

A publicación foi evolucionando, ao mesmo tempo que as correntes dentro da propia Federación, dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provocou numerosas controversias na mesma e rematou coa ruptura da Federación, continuando a publicación como voceiro do sector nacionalista ata o ano 1930.

Foi substituído por Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. ISBN 987-950-786-574-9.
  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. ISBN 84-7492-489-8.