Xornada Mundial da Xuventude 2005

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WJT 072.jpg

A Xornada Mundial da Xuventude 2005 tivo lugar entre o 15 e o 21 de agosto do 2005 na cidade alemá de Colonia. Foi o primeiro viaxe fóra de Italia do pontífice Bieito XVI.

O tema do encontro foi "Vimos adoralo" (Mt 2,2): con esta frase o Papa invitou ós mozos a meterse na actitude interior dos Magos que viaxaron até Belén a adorar a Xesús.

Xuntáronse preto de 1.200.000 mozos duns 120 estados.

A escolla de Colonia por Xoán Paulo II[editar | editar a fonte]

O Papa Xoán Paulo II anunciou oficialmente a celebración da XX XMX ó termo da Xornada Mundial da Xuventude 2002 que tivo lugar en Toronto con estas palabras:

Desexo anunciar oficialmente que a próxima Xornada Mundial da Xuventude se celebrará no 2005 en Colonia, en Alemaña.
Na impoñente Catedral de Colonia venérase a memoria dos Reis Magos, os Sabios vidos de Oriente seguindo unha estrela que os conduciu a Cristo. Como peregrinos, o voso camiño cara Colonia comeza hoxe. Cristo agardaraos alí para a celebración da XX Xornada Mundial da Xuventude.
Seredes acompañados pola Virxe María, Nai nosa na peregrinación da fe. (Toronto, Ángelus do 28 de xullo do 2002)

Xoán Paulo II elixiu Colonia para que fose unha das primeiras Xornadas Mundiais da Xuventude do novo milenio, porque "de Alemaña viñeron no século pasado catástrofes graves para a humanidade, e é fermoso que veña hoxe un gran signo de esperanza".

O logo da XMX[editar | editar a fonte]

  • Para ver o logo, prema aquí
Logo feito con flores

O logo da XMX 2005 está composto de 5 símbolos:

  • A cruz vermella que domina o logo. A cor vermella representa o amor, a paixón e os sufrimentos. Ó mesmo tempo dirixe ó amor de Deus e á morte de Xesús na Cruz así como ós diferentes sufrimentos da nosa vida persoal e en todo o mundo. A Cruz é o símbolo central da esperanza cristiá e da redención en Xesús Cristo, que supera calquera sufrimento.
  • O cometa, como signo indicador, expresa que Deus guía ós homes. É un sinal de Deus que brilla sobor o lugar do nacemento de Xesús. Segundo a tradición bíblica a estrela guiou ós Tres Reis Magos ó Señor. Tras unha longa peregrinación teñen atopado o Señor e - transformados por este encontro - volven a casa. A estrela brillaba en Belén e máis adiante en Colonia.
  • A catedral de Colonia, que desenvolvera a Xornada Mundial da Xuventude. Nesta catedral se veneran dende fai séculos as reliquias dos tres Reis Magos. A cor vermella da mesma une a Igrexa coa Cruz: a Igrexa e Cristo son inseparábeis.
  • o arco elíptico ten dúas interpretacións. Ten forma dunha C estilizada, que representa a Cristo e á comuñón universal da Igrexa. Tamén expresa a aperta protectora de Deus: o Ced e a Graza de Deus apertan e reparan á Igrexa e ó mundo.
  • A outra parte inferior do arco representa a unha barca sobor o Rin, coma a barca de San Pedro, de quen o Papa é sucesor.

Durante a cerimonia de clausura o grande logo da explanada de Marienfeld foi desmantelado e cada pedazo foi dado a 5 representantes dos cinco continentes.

O programa da Xornada[editar | editar a fonte]

Do xoves 11 ó domingo 14 de agosto[editar | editar a fonte]

Venres 12 de agosto[editar | editar a fonte]

  • Unha iniciativa entre católicos e musulmáns tivo lugar en Munster, durante a tradicional oración do venres. A mesquita local deu a benvida a 35 rapaces e os seus sacerdotes, procedentes da diocese italiana de Cesena, e o imán fixo unha intervención sobor o tema da paz e da unión fraterna entre os pobos.

Martes 16 de agosto[editar | editar a fonte]

O mesmo tempo celebrábanse outras dúas Misas en Bonn e en Düsseldorf, as outras dúas cidades que hospedaban e participaban nesta XMX.

Mércores 17 de agosto[editar | editar a fonte]

  • Inicio dos tres días de catequese matutina para os participantes, tidas con varios bispos nas igrexas de Colonia, Bonn e Düsseldorf, onde estaban hospedados os xoves peregrinos.

Xoves 18 de agosto[editar | editar a fonte]

  • Chegada da "Barca de Pedro"
    Ás 12 do mediodía: Chegada de Bieito XVI a Colonia. O Papa é calorosamente acollido por unha representación de centos de xoves e do presidente alemán Horst Köhler e do chanceler Gerhard Schröder. Tralo discurso de benvida, o Papa mostrouse feliz de estar na súa terra natal no seu primeiro viaxe fóra de Italia, "feliz de estar en medio dos xoves, de soster a fe e de animar á esperanza" e seguro de estar enriquecido "do voso entusiasmo, da vosa sensibilidade e da vosa dispoñibilidade ó afrontar os cambios do futuro".
  • Ás cinco da tarde o Pontífice chegou á cidade de Colonia nunha embarcación. Oitocentos mil xoves, establecidos á beira do Rin, saudárono á súa chegada. A barca, antes de chegar á catedral, atracou e o Papa pronunciou o seu discurso de saúdo ós mozos.

Venres 19 de agosto[editar | editar a fonte]

Sábado 20 de agosto[editar | editar a fonte]

O Papa concedeu unha indulxencia plenaria a aqueles presentes na XMX, e parcial para aqueles que pregasen por que os mozos

  • se fortalecesen na profesión da fe;
  • se confirmasen en amor e reverencia ós seus pais e
  • Tomasen a firme resolución de seguir "as sagradas normas do Evanxeo e da Santa Nai Igrexa" vivindo ben a súa vida familiar actual ou futura, ou outra vocación á que teñan sido chamados por Deus.

Domingo 21 de agosto[editar | editar a fonte]

Pelegríns vendo a Bieito XVI dicindo a Misa en grandes pantallas
  • Aproximadamente 1,200,000 persoas tras acampar pola noite, xuntáronse a Bieito XVI para a Misa que concluía a Xornada na enorme explanada de Marienfeld preto do pobo de Kerpen. As persoas participantes puideron ver ó Papa por toda a explanada grazas ós servizos de 15 enormes pantallas de televisión. No momento da comuñón, a multitude de sacerdotes espallouse por toda a explanada identificándose con paraugas amarelos [1].

Concesión de indulxencia plenaria[editar | editar a fonte]

O Papa decidiu conceder indulxencia plenaria a ós que participaron na Xornada Mundial da Xuventude de Colonia e indulxencia parcial a aqueles outros fieis que pregasen polos mozos nos días da XMX.

A indulxencia plenaria tivo lugar coas condicións usuais esixidas pola Igrexa, é dicir : terse confesado e comungado no prazo dunha semana antes ou despois do evento, e ter pregado polas intencións do Sumo Pontífice. Tal indulxencia foi concedida ós fieis que, con ánimo afastado de calquera tipo de pecado, participaron atentamente e devotamente a calquera acto, durante a XX Xornada Mundial da Xuventude de Colonia e á súa solemne conclusión.

Ós outros fieis, véuselles concedida a indulxencia parcial se, con ánimo de arrepentimento, falándolle a Deus, con oración fervente, que os xoves cristiáns se reforzasen na profesión da fe, se confirmasen no amor e no respecto ós seus proxenitores, e se determinasen firmemente á modelar de acordo coas sagradas regras do Evanxeo e da Nai Igrexa a nova familia que estivesen a crear ou que crearán, ou a vida actual de acordo coa vocación que Deus ten indicado a cada un.

Asistencia[editar | editar a fonte]

Weltjugendtag-2005-pilgrims-before-cathedral.jpg

O elevado número de persoas asistentes dá unha idea das proporcións do evento. Na semana da Xornada Mundial da Xuventude estiveron presentes en Colonia máis de 400.000 mozos e mozas, dos que uns 100.000 eran alemáns e outros 100.000 procedían de Italia, o grupo estranxeiro máis numeroso. Xuntáronse máis de 1.200.000 de participantes na Misa final. Houbo 20.000 xoves voluntarios de toda Alemaña.

O grande número de participantes creou moitas dificultades á organización: o momento máis crítico foi a distribución da comida e bebida na cerimonia conclusiva que tivo lugar en Marienfeld (a 20 quilómetros do centro de Colonia).

Comentarios[editar | editar a fonte]

Muller pregando antes da Misa en Marienfeld
  • En Süddeutsche Zeitung dise que esta xornada é unha saudábel provocación ao materialismo difuso na sociedade alemá. Os xornais resaltan por un lado a impotencia dos números, e cuestionan o grao de adherencia aos valores católicos da xuventude que asistiu á XMX, obxectivamente algo difícil de cuestionar.
  • Tralos numerosos testemuños dos que participaron na XMX moitos subliñan a propia experiencia de sentirse parte dun grande evento espiritual, de facer novas amizades e de vivir nunha atmosfera mundial.
  • Hai quen admite o desexo dunhas simples vacacións, fora do encontro relixioso. Non obstante, a maior parte dos xoves estaban entusiasmados e semellaban reter como parte importante desta cita a achada dos valores católicos, a experiencia da fe e dun encontro directo con Deus, resposta á propia ansia de espiritualidade e a conseguinte experiencia concreta da paz entre os xoves e a ocasión de sentirse protagonistas da vida do mundo.
  • A experiencia do peregrinación como viaxe relixioso cara unha meta, cos inconvenientes que isto comporta, foi o que sentían moitos dos participantes e mostrábanse dispostos a unha maior paciencia ao reflexionar sobre a mensaxe desta xornada: o obxectivo desta XMX era moverse e reunirse arredor da meta que é Cristo, tomando os Reis Magos como exemplo.

Himno[editar | editar a fonte]

O himno oficial da XX XMX foi Venimus Adorare Eum (Gregor Linßen).

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xornada Mundial da Xuventude 2005

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Xornada Mundial da Xuventude
WJT 2.JPG Roma 1984 | Roma 1985 | Bos Aires 1987 | Santiago de Compostela 1989 | Częstochowa 1991 | Denver 1993 | Manila 1995 | París 1997 | Roma 2000 | Toronto 2002 | Colonia 2005 | Sidney 2008 | Madrid 2011 | Río de Xaneiro 2013