Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Prestige
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Prestige[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 11-06-2013 - 12-07-2013
SI: 8 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 08:58 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completísimo, ben referenciado e con moita bibliografía sobre un dos capítulos máis salientables da historia recente de Galiza. Conta con artigos principais que amplían a información do artigo. --Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 08:58 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 08:58 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 17 de xuño de 2013 ás 21:04 (UTC)[responder]
- Concordo --Nemigo 20 de xuño de 2013 ás 15:59 (UTC)[responder]
- Concordo -- JonnyJonny (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 17:27 (UTC)[responder]
- Concordo -- Breogan2008 (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 17:54 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 24 de xuño de 2013 ás 20:38 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xas (conversa) 24 de xuño de 2013 ás 21:51 (UTC)[responder]
- Concordo -- Chairego_apc (si?) 2 de xullo de 2013 ás 08:28 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo - Citas en castelán e con intencións pouco claras (a que abre o apartado "Causas do accidente", penso que cando se pon unha cita é para referenciar ou apoiar o que di o texto, mais esa ven sen nada diante...). As citas deben estar en galego e nas referencias pódese engadir a orixinal en castelán. Pasa o mesmo nunha conversa máis abaixo (en xoves, 14 de novembro). O artigo está cheo de citas en castelán, non pode ser de calidade, xa que para iso ten que estar Correctamente redactado. --Norrin_strange (Fala-me) 8 de xullo de 2013 ás 08:11 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Se cadra o único que lle faría sería separar as referencias das notas ao pé como estamos a facer agora en artigos como Beethoven. Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 08:58 (UTC)[responder]
- Comentario. Vendo as distintas Wikipedias, vin que na italiana aparece esta imaxe do barco cuxo uso, din, está autorizado só para a Wikipedia. Tamén empregan esta que parece ter licenza Creative Commons, mais non pode ser levada a Commons (?). Se non lembro mal, a última xa a tentamos poñer pero non tiña licenza compatible. Algunha destas podería valernos para poñer na caixa de información do barco? Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 09:14 (UTC)[responder]
- Non, esas imaxes non se poden usar xa que non teñen licenza compatible con Commons, na wiki italiana deben permitir o Fair use. Lembras ben, a última imaxe estivo un tempo no artigo pero ó final atopouse que era unha imaxe, creo que da axencia EFE, que tiña dereitos de autor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 11:26 (UTC)[responder]
- Comentario. Non é un mal artigo, porén véxolle varias cousas mellorábeis:
- A introdución é moi breve, case inexistente, se a comparamos co resto do artigo; eu engadiría algo da repercusión e consecuencias que tivo, e tamén unha pequena descrición dos feitos.
- A cronoloxía debería pasarse cara outro artigo, sendo retirada do principal.
- Na bibliografía creo que se deberían retirar os artigos de prensa, poñéndoos como referencia ao longo do artigo, que en varios parágrafos non conta con ningunha.
- Penso que os subapartados de afundimento non deberían ser por días, senón por acontecementos.
- Estes son algúns dos aspectos a mellorar que lle vexo a simple vista. --JaviP96 11 de xuño de 2013 ás 14:18 (UTC)[responder]
- Discordo cos puntos 2 e 4. Penso que así como están permiten ter unha visión máis nítida dos sucesos. Si que coincido cos puntos 1 e 3. A introdución, aínda que se ampliou ultimamente, é demasiado cativa aínda. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 17 de xuño de 2013 ás 10:59 (UTC)[responder]
- Hai algúns puntos cos que concordo con JaviP96: o da introdución paréceme ben e o dos artigos de prensa tamén. Teño as miñas dúbidas de se é mellor que os subapartados do afundimento vaian ou non por días, persoalmente creo que lle dá unha maior claridade á información tal como está, a eiva que lle vexo a esto é cuestión de estética, xa que hai algúns subapartados que quedan moi curtos, mais sigo a pensar que a claridade da redacción actual prima por riba do estético. Se se tratase dun acontecemento de longa duración entendería que non pode ir por días, pero son só sete días e a claridade entendo que é maior así. Sobre a cronoloxía, non creo que sexa positivo crear outro artigo que desvíe a atención, tal como está me parece que é máis doado que o lector teña unha visión de conxunto sobre o tema sen desviarse moito; no caso do xuízo si o vexo necesario porque xa non está directamente relacionado co Prestige e o seu desastre, de feito son dous feitos que están moi separados no tempo. Espero terme explicado con claridade, ás veces me lío un pouco. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 15:38 (UTC)[responder]
- Comentario. Terminoloxía naval. Hai varios erros na terminoloxía naval no artigo. Na versión en inglés da wikipedia falando do Desplazamento o define e avisa que non debe ser confundido co peso morto. (As a measurement of weight, displacement should not be confused with similarly named measurements of volume or capacity such as net tonnage, gross tonnage, or deadweight tonnage.) -> http://en.wikipedia.org/wiki/Displacement_(ship)
- Dos tados do Prestige dise que o calado é
18,7 metros. Na mesma páxina en inglés di que son 14 m de calado -> http://en.wikipedia.org/wiki/Prestige_(oil_tanker) (na páxina de comentarios do artigo xa advírtese de esto)
- Na táboa sobre o buque (no código da páxina) pódese ver que hai un apartado para a clasificación IMO, pero ese número non se amosa, non está definido no modelo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Nemigo (conversa • contribucións) 12 de xuño de 2013 ás 12:15
- Comentario. Si que considero necesario mover a cronoloxía cara outro artigo, xa que moita da información que contén xa está recollida noutras partes do artigo, ademais o lector pode chegar facilmente a ela a través de subapartados. --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]
- Comentario. Outro defecto que lle noto é que ten demasiadas citas, serven para informar sobre o suceso, pero non deberían ser tan abundantes, para iso está Wikiquote. Ademais, a nivel estético, creo que quedaría mellor poñer algunha nun lateral, para o que se podería utilizar, o modelo {{Cadro de citas}}. --JaviP96 20 de xuño de 2013 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Comentario Este é un asunto polémico, non se pode aforrar en citas e referencias. As versións son moi diferentes e non dar dados precisos da orixe da cada información podería facer dubidosa a neutralidade do artigo. Exemplos como o valor da carga e do buque non están referenciadas a ningures (e non son certas, un buque novo ca mesma carga en petróleo non custa 180 millóns de euros) --Nemigo 21 de xuño de 2013 ás 10:13 (UTC)[responder]
- Comentario As referencias podían estar no texto (como números) e non como bibliografía, porque se eu quero ver a referencia en que se basea determinada afirmación ou determinado parágrafo non sei en que bibliografía está. Nese sentido as referencias son mellor sempre que se poida in line como din os ingleses. Ademais no tema do Prestige houbo moitas partes polémicas, con opinións opostas, polo que canto máis explicitadas estean as referencias mellor. Pero o artigo gustoume e paréceme moi completo.--Miguelferig (conversa) 24 de xuño de 2013 ás 20:40 (UTC)[responder]