Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Caso do metílico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Candidatura a artigo de calidade.
Período de votación: 08-09-2012 - 08-10-2012
SI: 13 — NON: ningún — NEUTRO: ningún — CONCLUSIÓN: aprobado |
Caso do metílico[editar a fonte]
- Proposto por: . HombreDHojalata.conversa 12:09, 8 de setembro de 2012 (UTC)
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Estupendo artigo, de feito compañeiros doutra wiki apresuráronse a traducilo. --. HombreDHojalata.conversa 12:09, 8 de setembro de 2012 (UTC)
- A favor
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 12:09, 8 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Xas (conversa) 20:20, 8 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:23, 9 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 03:00, 10 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo -- JonnyJonny (conversa) 03:27, 10 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo -- Breogan2008 (conversa) 18:56, 12 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo ----Alfonso mande 17:21, 12 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo, --Xosé Antonio (fálame sempre) 19:56, 13 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo, --Chairego_apc (si?) 13:18, 14 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo --Alberte Si, dígame? 21:02, 14 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo--Hugo22 07:16, 15 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo--Adorian (fálame) 13:10, 25 de setembro de 2012 (UTC)
- Concordo; Artigo de grande interese, cunha redacción de sobresaínte. Para a matrícula de honra fáltanlle imaxes da época, e para o Cum laude fáltalle pór en azul todas as ligazóns internas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:33, 7 de outubro de 2012 (UTC)
- En contra
- Agardar
- Agardar. Sinto mudar o meu voto, revisei as referencias do artigo (o certo é que non lles prestara atención antes de votar) e penso que non pode ser de calidade polo seguinte: non se aclara de ónde se extraen algúns datos das referencias, concrétamente das 6, 14, 20, 22, 25, etc, esas citas son frases engadidas polo editor sen ningunha base aparente. Mentres non se amañe non poderei votar a favor, verei cómo evoluciona día a día, síntoo nóvamente. Piquito (conversa) 00:35, 7 de outubro de 2012 (UTC)
- Ollo. Todo o que vai no apartado Notas non ten porqué ser referencias, nin ligazóns externas. Precisamente cando se concretou o Libro de estilo falouse de que nese apartado (Notas) irían tanto notas aclaratorias ao pé coma referencias. Outras wikis especifican no seu libro de estilo que debe haber un apartado para referencias e outro para notas ao pé. Nós non o facemos así. Nas notas ao pé poden ir argumentos relacionados pero que se desvían do fío argumental principal. É un recurso do redactor e pódese ver muito en calquera obra de non-ficción en papel. Pedro Lameiro é un dos que gosta de facelo así e penso que moi acertadamente.--. HombreDHojalata.conversa 08:26, 7 de outubro de 2012 (UTC)
- Neutros
- Comentarios
- Se cadra podía ser unha boa idea tomar a idea da wiki en castelán e falar doutros casos de intoxicación metílica noutros lugares. Por outra banda, non entendo moi ben o título da sección "estudos posteriores", xa que fai referencia a libros (que si poden ser estudos) e a películas, que penso deberían ir noutra sección (o que non sei é o nome que lle daría)... se cadra tamén podemos tomar algo de es.wiki para ampliar esta sección. Penso que o artigo está moi ben, mais revisaría o de es.wiki por se hai algunha pincelada, se queredes o fago eu, mais non entendo moito do tema. Un saúdo, Piquito (conversa) 07:26, 24 de setembro de 2012 (UTC)
- Eu estou ampliando un pouco o artigo con algúns contidos que atopo no artigo en castelán, pero vou pouco a pouco porque son moi longos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:35, 24 de setembro de 2012 (UTC)
- As informacións que se dan nas notas 6, 14, 20, 22 e 25 proceden do libro Historia dun crime. O caso do metílico, de Rodríguez Méndez, citado como bibliografía. Se credes necesario especificar a páxina onde di cada unha desas cousas, pode facerse, pero, sinceramente, non o vexo relevante, nin é unha práctica habitual na wiki chegar a ese grao de detalle. Outra cousa é cando se copia unha cita textual, que aí si que creo que procede concretar a fonte. Nas últimas páxinas do libro trae a relación de tódolos afectados oficiais, con nome, data da morte e lugar (aínda que o certo é que nos lugares onde residían resulta confuso e, por veces, equivócase de concello, por iso non recollín esa información: desbotei a idea de crear un mapa de Galicia marcando os concellos onde houbo mortes). Pedro --Lameiro (conversa) 11:00, 7 de outubro de 2012 (UTC)
- A denominación deste caso de intoxicación como "a colza do franquismo", outra das referencias que pide Piquito (nota 1), vén dunha reportaxe emitida por TVE o 20.12.2010, tamén citada entre as referencias. Pedro --Lameiro (conversa) 11:24, 7 de outubro de 2012 (UTC)
- Eu persoalmente opino que as referencias de datos concretos, non así as aclaracións, si deberían referenciarse. Explícome cun exemplo: no caso que citaba do primeiro falecido penso que se debe dar a coñecer de ónde se tiran eses datos, mentres que o de Gloria Lago é unha simple nota aclaratoria, na miña opinión superflua e que non aporta absolutamente nada en relación ao artigo e só a situa nun contexto, polo que non vexo preciso referencialo. O mesmo caso o vexo na primeira nota, de ónde veñen os datos do número de mortos? Repito, é unha opinión persoal, se a comunidade opina que non é preciso engadir máis a estas referencias que queden así. Por outra banda, concordo con Estevo en que estaría moi ben algunha imaxe da época e completar as ligazóns en vermello. Finalmente, plantéxome se é o máis completo, xa que o artigo en castelán (segundo explican nesa wiki, unha tradución inicial do desta wiki) é máis grande, polo que non sei ata que punto pode ser por lingua ou porque realmente haxa máis información, eu plantexei a posibilidade de tomar a idea de incluír un apartado con outras intoxicacións metílicas noutros lugares. Descoñezo se concordades coas miñas propostas expostas máis arriba. Espero a que contestedes sobre as referencias para replantexar o voto. Piquito (conversa) 21:33, 7 de outubro de 2012 (UTC)