Walter Model

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Model
Nacemento24 de xaneiro de 1891
Lugar de nacementoGenthin
Falecemento21 de abril de 1945
Lugar de falecementoRatingen
Causadisparo na cabeza
SoterradoKriegsgräberstätte Vossenack
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónoficial
FillosHansgeorg Model
IrmánsOtto Model
PremiosCruz de Mérito Militar de Terceira Classe, Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro com Folhas de Carvalho, Espadas e Diamantes, Cruz Espanhola, Iron Cross 2nd Class, Iron Cross 1st Class, Military Merit Order, Ordem da Casa de Hohenzollern, Military Merit Cross (Mecklenburg), Estrela de Galípoli, Distintivo de Ferido, Cruz de Honra, Distintivo Panzer, Verwundetenabzeichen, Medalha Oriental, Clasp to the Iron Cross e Military Merit Cross
Na rede
IMDB: nm4755109 Find a Grave: 11833 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Otto Moritz Walter Model nado en Genthin o 24 de xaneiro de 1891 e finado en Duisburg o 21 de abril de 1945, foi un xeneral e mariscal de campo alemán que salientou durante a segunda guerra mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Loitou na primeira guerra mundial onde foi ferido e recibiu a Cruz de Ferro en recoñecemento á súa afouteza e bravura. En 1917 foi promovido a capitán.

Comezada a segunda guerra mundial comezou como xefe do Estado Maior do XVI exército, participando nesa posición na organización da conquista de Polonia e na batalla de Francia.

Fronte oriental[editar | editar a fonte]

Como comandante da terceira división blindada, salientou na invasión da Unión Soviética o que lle valeu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro. En xullo de 1941, baixo ás ordes do xeneral Heinz Guderian foi a punta de lanza que acadou o río Dniéper. Participou vitoriosamente no xiro cara o sur que supuxo a conquista de Ucraína.

Baixo o mando do xeneral Reinhard, tras o fracaso da toma de Moscova, Model foi o encargado de cubrir a retirada en condicións climáticas extremas e con medios precarios evitando que a contraofensiva masiva do xeneral Gueorgui Zhukov barrese os grupos de exército xermanos. En Rzhev, ao mando do noveno exército estabilizou a fronte rexeitando os ataques inimigos. Chegou a xeneral de XXXXI Corpo de Exército o 1 de outubro de 1941 e máis tarde do noveno exército.

Tivo unha participación moi activa na batalla de Kursk e, tralo definitivo avance soviético, como comandante en xefe de altos comandos, foi quen de estabilizar a fronte en varias ocasións, conseguindo un retroceso ordenado e asemade asestar golpes aos soviéticos de xeito que impediu o colapso decisivo dos exércitos alemáns. Acadou o nomeamento de mariscal de campo o 1 de marzo de 1944 (o máis novo dos mariscais tras unha meteórica carreira) e obtivo as máis altas condecoracións (incluída a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro con follas de carballo, espadas e diamantes).

Fronte occidental[editar | editar a fonte]

Aberta a fronte occidental tras o desembarco de Normandía, confiáronselle alí importantes misións. Tras convencer a Hitler da absoluta necesidade de autorizar a retirada do sétimo exército da bolsa da Falaise, conseguiu salvar un destacable número de unidades sobreviventes.

Obtivo un éxito total na desfeita da Operación Market Garden. Este foi un intento aliado de grande envergadura que pretendía controlar os Países Baixos e cruzar o Rhin, co fin de forzar a rendición de Alemaña antes do Nadal de 1944. Model destruíu a 1ª división aerotransportada británica e rexeitou ás tropas estadounidenses, o que prolongou sete meses máis a guerra.

Tamén acadou éxitos iniciais na contraofensiva das Ardenas dirixida por Gerd von Rundstedt. Pero a falla de material e combustible deixaron ás tropas alemás a escasos 100 quilómetros de Antuerpen, sen poder cortar totalmente os grupos de exércitos aliados. Embolsados os seus exércitos no Ruhr, suicidouse tras ordenar os fusilamentos de Essen.

Walter Model foi un dos xenerais alemáns que máis afinidade ideolóxica amosou cara o nazismo e os seus crimes, ao tempo que foi un dos poucos que se atrevía a contradicir abertamente a Hitler, quen o tiña como un dos seus xenerais favoritos.