Gerd von Rundstedt
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Gerd von Rundstedt nado o 8 de decembro de 1875 en Aschersleben e finado o 24 de febreiro de 1953 en Hannover, foi un mariscal de campo alemán.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo dun ofcial de cabaleiría que serviu na guerra francoprusiana, estudou na academia militar de Lichtelfelder e máis tarde na Academia de guerra de Berlín. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu na fronte do Oeste no goberno militar alemán de Amberes e posteriormente no goberno militar alemán en Polonia. Loitou nos Cárpatos e cara o final da guerra volveu á fronte occidental.
Durante o réxime nazi participou na anexión dos Sudetes e retirouse como Generaloberst (o rango inferior a mariscal).
Segunda Guerra Mundial [editar]
Conquista de Polonia [editar]
Pero Hitler chamouno para poñelo a fronte dos exércitos do Sur na invasión de Polonia dende Silesia e Eslovaquia. Tivo como xefe de staff a Enric Von Manstein. Atravesou a fronteira o 1 de setembro de 1939 e capturou Cracovia o 6 de setembro, librou a batalla de Bzura e conquistou Varsovia que se rendiu o 28 de setembro tras 10 días de asedio.
Vitoria sobre Francia [editar]
Durante a batalla de Francia comandou o Grupo de exércitos A que en maio de 1940 atravesou o que se cría o impracticable bosque das Ardenas e cercou a 300.000 soldados franco-británicos avanzados en Bélxica, grazas a rapidez dos Panzer de Heinz Guderian, un famoso xeneral baixo ás súas ordes. Este plan concibido por Manstein, foi apoiado por Rundstedt perante Hitler e resultou determinante do colapso do exército anglofrancés.
O 20 de maio Hitler viaxa ao cuartel xeneral de Rundstedt onde se acorda que este xire as súas tropas e avance cara a Rheims e a través de Alsacia. En poucos días rompeu a resistencia francesa cruzando o Marne e tomou Dijon e Lyon. O avance detívose cando Francia pediu o armisticio.
Foi ascendido a mariscal de campo, e malia os seus desexos de retirarse, Hitler nomeuno Comandante en Xefe do Oeste.
Invasión da Unión Soviética [editar]
Durante a invasión alemá de Rusia comandou os exércitos do sur que protagonizaron o embolsamento das tropas soviéticas en Uman e Kiev capturando a centos de miles de soldados do exército roxo. Malia o éxito da conquista de Ucraína e Crimea (esta tras a importante vitoria de Mariupol), Rundstedt foi relevado por Hitler debido á retirada do exército alemá da recentemente tomada Rostov que Rundstedt autorizara debido ao adianto do duro inverno ruso e a carencia de municións, alimentos, combustible e vehículos.
Fronte Occidental [editar]
Novamente chamado por Hitler, prestou os seus servizos na fronte Oeste. Tras o desembarco de Normandía, desbaratou a gran operación aerotransportada dos aliados, denominada Market Garden, e reeditou un fulgurante avance dende as Ardenas que a piques estivo de chegar a Amberes. O desgaste do exército alemán a esa altura da guerra impediu culminar ese último intento por gañar a iniciativa aos aliados.
Final [editar]
Tras a rendición de Alemaña, non se puido demostrar unha participación directa nos crimes de guerra e os xenocidios que na reteguarda da súa fronte executaban as SS, mais semella indiscutible para os historiadores de que coñecía eses delitos contra a humanidade. Ese factor e a súa delicada saúde foron as razóns esgrimidas para a súa liberación en maio de 1949.