Gueorgui Zhukov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Mariscal da Unión Soviética Georgui Konstantínovich Zhúkov

Gueorgui Konstantínovich Zhúkov (Ruso: Гео́ргий Константи́нович Жу́ков), nado o 1 de decembro de 1896 e finado o 18 de xuño de 1974 foi un xeneral soviético.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na Primeira Guerra Mundial. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco.

En 1938 dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Tras o avance vitorioso do exército alemán na súa invasión de Rusia, se lle encomendou a defensa de Leningrado, que logrou resistir. Máis adiante Zúkhov foi o xeneral que conseguiu frear aos alemáns ás portas de Moscova e rexeitalos e un aos que se lle debe a decisiva vitoria de Stalingrado. O último intento alemán a gran escala foi neutralizado por Zhúkov na colosal batalla de Kursk. A partir de aí Zúkhov será o líder militar que conduciría aos exércitos soviéticos ata Berlín (Operación Bragation). Esta foi unha embestida militar colosal que causou aos exércitos do Eixo case medio millón de baixas. Wilhelm Keitel asinaría perante el a rendición de Alemaña.

Comandou o desfile da vitoria na Praza Roxa de Moscova, pero máis tarde Stalin destinaríao a postos secundarios. Con Nikita Khrushchev foi un fugaz Ministro de Defensa (1956).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gueorgui Zhukov