Wade Baldwin IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wade Baldwin IV
Maccabi Tel Aviv  – No. 5
Información persoal
Nacemento 29 de marzo de 1996 (28 anos)
Belle Mead, Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base
Información da carreira
Instituto St. Joseph (Metuchen, New Jersey)
Universidade Vanderbilt (2014–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2016−presente
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2016–2017)
Iowa Energy (2016–2017)
Portland Trail Blazers (2017–2019)
Texas Legends (2017–2019)
Olympiacos (2019–2020)
Bayern München (2020–2021)
Baskonia (2021–2022)
Maccabi Tel Aviv (2022–presente)

Wade Manson Baldwin IV, nado o 29 de marzo de 1996 en Belle Mead, Nova Jersey, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2016, Baldwin foi seleccionado na 17ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Memphis Grizzlies.[1] O 16 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.[2]

O 19 de outubro de 2017, Baldwin asinou cos Portland Trail Blazers.[3]

O 4 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Nik Stauskas e dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Rodney Hood.[4] Tres días máis tarde, o 7 de febreiro de 2019, Baldwin foi traspasado xunto a Iman Shumpert, Nik Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[5] Horas máis tarde foi traspasado de novo xunto a Stauskas e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 e os dereitos de Maarty Leunen, desta vez ós Indiana Pacers.[6] O 8 de febreiro, foi cortado polos Pacers.[7]

O 17 de xullo de 2019, Baldwin asinou co Olympiacos BC grego.[8] O 27 de xullo de 2020, fíxose oficial a fichaxe de Baldwin polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[9] O 10 de xullo de 2021, Baldwin asinou co Saski Baskonia da Liga ACB.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grizzlies select Wade Baldwin IV in First Round of 2016 NBA Draft". NBA.com. 24 de xuño de 2016. Consultado o 20 de novembro de 2016. 
  2. "Grizzlies sign 2016 1st Round Draft Pick Wade Baldwin IV to multi-year contract". NBA.com. 16 de xullo de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2016. 
  3. "Trail Blazers sign Wade Baldwin to two-way contract". NBA.com. 19 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  4. "Trail Blazers acquire Rodney Hood". NBA.com. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  5. "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  6. "Pacers Complete Trade with Houston Rockets". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  7. "Pacers Waive Stauskas and Baldwin". NBA.com. 8 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  8. "Olympiacos signs Wade Baldwin". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019. 
  9. Wade Baldwin officially joins Bayern Munich
  10. "Wade Baldwin officially inks with Saski Baskonia". Saski Baskonia. 10 de xullo de 2021. Consultado o 10 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]