Vsevolod III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vsévold III
Gran Príncipe de Kiev (1173)
Gran Príncipe de Vladímir
(1177-1212)'
Vsevolod III the Big Nest.jpg
Vsévolod III o Grande Niño no Tsarsky Titulyarnik (1672)
Reinado 1173-1173 (Kiev)
1177-1212 (Vladímir)
Nome completo Vsevolod Iúrievich
Nacemento ca. 1154
Dmitrov
Falecemento 15 de abril de 1212
Vladímir (Rus' de Kiev)
Predecesor Miguel I
Sucesor Rúrik II
Consorte María Shvarnovna de Osetia
Liubov Vasilkovna
Descendencia Sbislava (1178-?)
Vseslava
Vershoslava
Konstantín (1186-1218)
Borís (1188-1238)
Gleb (1189)
Iuri (1189-1238)
Iaroslav (1191-1246)
Helena (?-1204)
Vladímir (1194-1229)
Sviatoslav (1196-1252)
Iván (1198-1247)
Pelaxia
Ana (?-1239)
Dinastía Ruríkidas
Pai Iuri Dolgoruki
Nai Helena

Vsevolod Iúrievich (en ruso: Все́волод Ю́рьевич e en ucraíno: Всеволод Юрійович), chamado Vsevolod III Vladimirski, Vsevolod (ou Vsévold) III, e máis coñecido como Vsévolov o Gran Niño (en ruso Все́волод III Ю́рьевич Большо́е Гнездо́), nado contra 1154 en Dmitrov e finado o 15 de abril de 1212, foi un príncipe da dinastía Ruríkida que gobernou a Rus de Kiev en 1173 e o Principado de Vladímir (ou de Vladímir-Súzdal) entre 1177 e a súa morte. Durante o seu reinado o principado acadou o cumio do seu poder.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O nome de pía de Vsévolod era Dmitri, porque dedicara a catedral de Vladímir a San Demetrio, o seu santo patrono.

Fillo de Iuri Dolgoruki[1] e da súa segunda esposa, Helena, unha princesa grega. Á morte de Iuri, o seu sucesor André I, a quen non lle gustaba Helena, a nai de Vsévolod (que era hermanastro de André), logrou que o emperador bizantino Manuel I Comneno acollera a catro dos sues irmáns, condenado así ao exilio a Vsévolod, Miguel, David e Iaropolk a á súa nai.[2]

Vsévolov foi, por tanto, educado na corte dos comneno. Voltou á Rus' en 1170, despois de facer as paces co seu irmán André 1169 (el e outros príncipes axudaran a André no saqueo da cidade de Kiev ese mesmo ano). Ao seu regreso, sería arrestado, segundo as crónicas en Tiflis, onde se runiu co rei Xurxo (quizais Xurxo III) e casou cunha princesa de Osetia, María Shvarnóvna (muller moi piadosa que fundou numerosos conventos. en 1173 ocupou brevemente o trono da Rus de Kiev.

Elixido Gran Príncipe de Kiev en 1173, sucedendo ao seu irmán Miguel I, preocupouse pouco da cidade e abandoóuna, ocupándose en recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk de Vladímir, a quen sucede despois da súa morte como "Gran Príncipe", en 1177 (converteuse no primeiro en levar o título de Gran príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kiev).

En 1195, recibiu varias cidades do seu primo Rúrik II de Kiev a cambio de diñeiro e algúns dominios. Entre estas ciudades, doou Torchesk ao seu xenro, Rostislav Ruríkovich (era o esposo da súa filla Vseslava), o irmán de Rúrik, o cal desatou unha nova guerra civil entre Rúrik II e Román Mstislávich, Román o Grande, Príncipe de Nóvgorod, Príncipe de Volinia e Principe de Galicia.[3] (Este Román o Grande foi o que inaugurou a dinastía Romanov).

Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano de Vladímir-Súzdal, continuando a extensión das terras de Vladímir durante o seu reinado, conseguiu dominar os pobos veciños como os búlgaros do Volga, fundou a cidade de Gleden, así como o seu mosteiro da Trindade, e conseguiu administrar e prorexer os Principados veciños. Foi coñecido por ser implacábel cos que se lle resistían ou desobedecían: en 1178 incendiou Volokolamsk e, en 1180 e 1187, castigou aos príncipes de Riazán afastándoos das sús terras; finalmente, en 1207, queimou as cidades de Riazán e Belgorod.

Morreu o 14 de abril de 1212 en Vladímir, e está enterrado na Catedral da Dormición desa cidade.

Familia[editar | editar a fonte]

Unións e descendencia[editar | editar a fonte]

Debe o sobrenome o Gran Niño aos catorce fillos que tivo da súa unión coa princesa María Shvarnovna de Osetia (morta o 19 de marzo de [[1206], entre eles:

Despois da morte de María de Osetia, casou en segundas nupcias con Liubov Vasilkovna, filla de Vasilko Briacheslávich (príncipe de Vitebsk), coa cal non tivo fillos.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Iaroslav o Sabio
 
 
 
 
 
 
 
8. Vsévolod I de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Ingigerd de Suecia
 
 
 
 
 
 
 
4. Vladímir II Monómaco
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Constantino IX
 
 
 
 
 
 
 
9. Anastasia de Bizancio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Pulqueria Skléraina
 
 
 
 
 
 
 
2. Iuri Dolgorouki
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Eufimia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Miguel I Iúrievich
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Helena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


Predecesor:
Román I
Gran Príncipe da Rus de Kiev

Rus de Kiev
1173

Sucesor:
Rúrik


Predecesor:
Iuri II
Principado de Vladímir-Súzdal
11761212
Sucesor:
Rúrik

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Que fundou a cidade de Dmitrov para conmemorar o lugar de nacemento do seu fillo Vsévolod.
  2. Segundo o historiador ruso Nikolai Karamzín.
  3. Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fennell, John (1983): The Crisis of Medieval Russia, 1200–1304. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-48150-3.
  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  • Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]