Vladímir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°09′N 40°25′E / 56.150°N 40.417°E / 56.150; 40.417

Vladímir
Владимир (en ruso)
Flag of Vladimir.png Coat of Arms of Vladimir (1781).png
Владимир-коллаж1.jpg
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
Rusia (Europa)
Vladímir
Vladímir
País Rusia Rusia
Distrito Federal Óblast de Vladímir
Xeografía
Altitude 150 msnm
Superficie 124,59 km² km²
Poboación
Poboación 345.373 hab. (2010)
Densidade 2.772 hab./km²
Información
Código postal 600000, 600001, 600003, 600005–600009, 600014–600018, 600020–600028, 600031–600033, 600035–600038, 600700, 600950, 600960, 600970, 600980, 600999, 992800
Alcalde
Páxina web Páxina Oficial de Vladímir

Vladímir (en ruso: Влади́мир) é unha cidade de Rusia, que é a capital da óblast de Vladímir. Encóntrase á beira do río Kliazma, a 200 km ao lest de Moscova. En 1989 tiña unha poboación de 315.000 habitantes. Dúas das súas catedrais son Patrimonio da Humanidade. Ten un aeroporto que durante a Segunda Guerra Mundial foi a sede da base aérea de Dobrinskoie.

Historia[editar | editar a fonte]

A zona estaba habitada desde como mínimo hai 25.000 anos. A data tradicional da fundación da cidade era de 1108, pero pode que sexa máis antiga, porque segundo as crónicas parece que foi visitada por Vladímir I de Kiev no ano 990.

Desde finais do século XII até as postrimerías do século XIV, o principado con capital na cidade foi un dos grandes principados que sucederon á Rus de Kiev como principal potencia eslava, e está considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas. o Principado de Vladímir evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.

Durante o principio do século XIII a cidade tivo unha época de esplendor.[1]

En 1173, Vsévolov o Gran Niño foi elixido Gran Príncipe de Kiev. Pero preocupouse pouco da cidade e abandonouna, ocupándose en recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk. Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano do principado de Vladímir, continuando a extensión das terras do estado durante o seu reinado, polo que se *autotiulo como "Gran Príncipe" en 1177. Vsévolov foi o primeiro en levar o título de Gran Príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kiev.[2]

A cidade de Vladímir, e todo o principado, caeu baixo os tártaros ás ordes de Batu Khan en 1238.

Economía[editar | editar a fonte]

Vladímir é sede de industrias eléctricas e químicas, ademais de alimentarias. Tamén hai instalacións militares de mísiles, e recibe moito turismo.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
  2. Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladímir Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • William, Craft Brumfield (2004): A History of Russian Architecture. Seattle: University of Washington Press. ISBN 9780295983943.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]