Verderolo común
| Verderolo común | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Carduelis chloris | ||||||||||||
O verdorolo común (Carduelis chloris) é un paxaro presente en toda Europa, norte de África e suroeste de Asia. Aínda que se comporta en xeral como ave sedentaria, algunhas poboacións que viven nas zonas máis boreais da súa distribución, móvense cara o sur no inverno.
Índice |
Descrición [editar]
O verderolo común mide entre 14 e 16 cm de lonxitude. É de cor verde oliva, coas plumas das ás e a beira do rabo de cor amarela dourada. As femias e os exemplares novos son menos brillantes e teñen tonos castaños no lombo. O peteiro é groso e cónico. Ten o rabo curto e a cabeza grande.
Distribución e hábitat [editar]
Ademais das zonas xa citadas o verderolo foi introducido e está presente en Nova Celandia, parte de Australia, e algúns países da América do sur, como Brasil e Arxentina.
As súas zonas de cría máis comúns sitúanse nas beiras de zonas de bosque, sebes e xardíns con vexetación relativamente mesta.
Reprodución [editar]
A súa época de cría vai de finais de abril a xuño. O niño ten forma de pratiño e constrúeno en sebes ou vexetación mesta. Poñen 5 ou 6 ovos abrancazados con manchas e puntos castaños escuros. A femia choca os ovos 13 ou 14 días e os dous membros da parella alimentan os polos.
Conduta e alimentación [editar]
O seu vóo ondulante é moi característico. Na época nupcial o macho voa describindo círculos ó redor da femia, cantando sen parar.
Non temen a presenza humana. Fóra da época de cría pode xuntarse en bandos, as veces mesturados con outras especies de frinxílidos. A base da súa limentación son as sementes, aínda que poden alimentar as crías tamén con algúns insectos.