Universidade de Oslo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Oslo
Universitetet i Oslo
Datos xerais
LocalizaciónOslo, Noruega
Fundación2 de setembro de 1811
Datos actuais
ReitorSvein Stølen
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.uio.no/english/
Facebook: uniOslo Twitter: UniOslo Instagram: unioslo Editar o valor em Wikidata
Apollo seal
editar datos en Wikidata ]
Campus central da universidade, onde só se atopa a facultade de Dereito. Estes edificios inspiráronse na obra do arquitecto prusiano Karl Friedrich Schinkel .

A Universidade de Oslo (noruegués: Universitetet i Oslo; latín: Universitas Osloensis) é a máis antiga das universidades de Noruega. Fundouse no ano 1811, cando o país se atopaba baixo dominio dinamarqués, sendo rei Federico VI.[1] Está situada na capital do país, Oslo. En 2019, contaba con preto de vinte e oito mil estudantes, e máis de seis mil empregados.[1] É a alma máter de cinco premios Nobel: Fridtjof Nansen, Ragnar Frisch, Odd Hassel, Ivar Giaever e Trygve Haavelmo.[1]

A Universidade de Oslo fai parte da Rede de Universidades das Capitais da Europa (UNICA), unha organización de 24 universidades con énfase nas políticas urbanas e de xestión universitaria.[2]

Organización[editar | editar a fonte]

A Universidade de Oslo está organizada en oito facultades: Teoloxía, Dereito, Medicina, Humanidades, Matemáticas e Ciencias Naturais, Odontoloxía, Ciencias Sociais e Ciencias da Educación.[1] Ofrece formación en vinte áreas de estudo.

Para alén diso, integra dezasete museos, catro hospitais, unha estación biolóxica en Drøbak, unha estación ecolóxica de alta montaña en Finse e a Estación Arqueolóxica de Isegran. Conta tamén con dúas institucións no estranxeiro: o Instituto Noruegués de Roma e o Centro Franco-Europeo de Humanidades e Ciencias Sociais de París.[1]

Posicionamento[editar | editar a fonte]

No ano 2023, a Universidade de Oslo quedou no posto global 73.º do Ranking de Shanghai.[3] É a entidade norueguesa con maior puntuación nesta listaxe.[4] A situación é semellante no QS World University Ranking do 2024, no que acadou a posición 117.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Tor Ivar Hansen. "Universitetet i Oslo" (en norueguês). Consultado o 15 de dezembro de 2021. 
  2. "UNICA, Network of Universities from the Capitals of Europe". www.unica-network.eu. Consultado o 2023-12-07. 
  3. "ShanghaiRanking-Univiersities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07. 
  4. "ShanghaiRanking's Academic Ranking of World Universities". www.shanghairanking.com. Consultado o 2023-12-07. 
  5. "QS World University Rankings 2024". Top Universities (en inglés). Consultado o 2023-12-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]