Trachypachidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trachypachidae
Rango fósil: Changhsingiano-Actual
Erro de expresión: Operador "<" inesperado.

Erro de expresión: Operador "<" inesperado.


Trachypachus gibbsii

Espécime de Systolosoma breve
Espécime de Systolosoma breve

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Endopterygota
Orde: Coleoptera
Suborde: Adephaga
Familia: Trachypachidae
C. G. Thomson, 1857
Xéneros existentes

Para os xéneros fósiles ver o texto

Trachypachidae (traquipáquidos) é unha familia de escaravellos adéfagos parecidos xeralmente aos carábidos, pero que se distinguen deles polas súas grandes coxas das patas posteriores. Só existen seis especies vivas desta familia, catro especies do xénero Trachypachus do norte de Eurasia e norte de Norteamérica e dúas especies do xénero Systolosoma en Chile e a Arxentina. Eran moito máis diversos no pasado, con ducias de especies descritas do Mesozoico.[1]

Os seus hábitos son similares aos dos carábidos; procuran a súa comida entre as follas caídas de bosques de coníferas e crese que a súa maioría son predadores e preeiros, activos durante o día.[2]

Segundo o entomólogo George Ball, "a cousa máis interesante sobre esta pequena familia é as súas relacións filoxenéticas"; previamente foi clasificada como unha subfamilia de Carabidae, e como familia foi clasificada en diferentes posicións en realación con outras familias de escaravellos.[2] As filoxenias moleculares recentes recuperárona como grupo irmán do clado Carabidae+Cicindelidae como parte do subgrupo Geadephaga dos Adephaga.[3][4] Os fósiles máis temperáns coñecidos da familia son os dos xéneros Petrodromeus, Permunda e Apermunda do límite Permiano-Triásico de Rusia de arredor de hai 252 millóns de anos.[5][6] Os xéneros fósiles da familia clasifícanse na subfamilia Eodromeinae, mentres que os outros dous xéneros modernos sitúanse na subfamilia Trachypachinae. As dúas subfamilias distínguense pola forma e posición dos escleritos que se unen nas mesocoxas (a sección onde o par de patas medio se une ao corpo).[6]

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wang, Bo; Zhang, Haichun; Ponomarenko, Alexandr G. (2012). "Mesozoic Trachypachidae (Insecta: Coleoptera) from China". Palaeontology 55 (2): 341–353. ISSN 0031-0239. doi:10.1111/j.1475-4983.2012.01128.x. 
  2. 2,0 2,1 George E. Ball, "Trachypachidae", in Ross H. Arnett, Jr. and Michael C. Thomas, American Beetles (CRC Press, 2001), vol. 1
  3. Vasilikopoulos, Alexandros; Balke, Michael; Kukowka, Sandra; Pflug, James M.; Martin, Sebastian; Meusemann, Karen; Hendrich, Lars; Mayer, Christoph; Maddison, David R.; Niehuis, Oliver; Beutel, Rolf G.; Misof, Bernhard (outubro de 2021). "Phylogenomic analyses clarify the pattern of evolution of Adephaga (Coleoptera) and highlight phylogenetic artefacts due to model misspecification and excessive data trimming". Systematic Entomology (en inglés) 46 (4): 991–1018. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12508. 
  4. Baca, Stephen M.; Gustafson, Grey T.; Alexander, Alana M.; Gough, Harlan M.; Toussaint, Emmanuel F. A. (outubro de 2021). "Integrative phylogenomics reveals a Permian origin of Adephaga beetles". Systematic Entomology (en inglés) 46 (4): 968–990. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12506. 
  5. Ponomarenko, A. G.; Volkov, A. N. (2013). "Ademosynoides asiaticus Martynov, 1936, the earliest known member of an extant beetle family (Insecta, Coleoptera, Trachypachidae)". Paleontological Journal 47 (6): 601–606. ISSN 0031-0301. doi:10.1134/S0031030113060063. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Kirejtshuk, Alexander G.; Ansorge, Jörg (2022-05-17). "An extraordinarily preserved new genus and species of Trachypachidae (Coleoptera, Adephaga) from the Early Jurassic of Germany and a review of fossil trachypachid genera". Historical Biology (en inglés): 1–18. ISSN 0891-2963. doi:10.1080/08912963.2022.2071709. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]