Toupa europea
| Toupa europea | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Talpa europaea'' Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||
|
Distribución de Talpa europaea
|
|||||||||||||||
A toupa europea (Talpa europaea) é un membro da familia Talpidae, mamíferos da orde Insectivora de vida subterránea, escavando pequenas galerías no chan. Hai toupas en América do Norte, Europa e Asia. A toupa que habita en Galicia é a Toupa ibérica (Talpa occidentalis).
Descrición [editar]
Poden acadar unha lonxitude de 12-16 cm, do fociño ó nacemento do rabo. As femias son máis grandes cós machos. Teñen o corpo cilíndrico e alongado, sen pescozo diferenciado, e cuberto de pelo de cor gris escura. Os ollos son pequenos e, de feito, as toupas son case cegas. As orellas non son visibles. Teñen pelos no fociño e no pequeno rabo, que son órganos sensibles ou táctiles.
As súas patas curtas presentan unhas anchas mans, provistas de unllas fortes que usan para furar as terras, prados e xardíns, escavando galerías que poden chegar a medir 100 m. Cando chegan á superficie deixan montonciños de terra sobre a herba. Os niños construídos no subsolo están feito con herbas, pallas e follas e, ás veces, teñen pequenas despensas de vermes ós que lles morden a cabeza para telos inmobilizados pero vivos.
Aliméntanse de insectos e pequenos animais invertebrados como miñocas, larvas de escaravellos, arañas, lesmas e vermes que viven coma elas debaixo da terra.
Habitan as terras de labor e as fragas pero gústanlles sobre todo os prados. Teñen dúas camadas ó ano con varias crias de cada vez. Reprodúcense a partir do primeiro ano de vida.
Clasificación [editar]
Como dixemos, as toupas pertencen á familia Talpidae, que abrangue tres subfamilias:
- Desmaninae (ratas almiscreiras)
- Talpinae (toupas verdadeiras)
- Uropsilinae (musarañas)