Roland Garros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo trata sobre o aviador, para o artigo sobre o aberto de tenis véxase Torneo de Roland Garros.
Roland Garros, nado en Saint-Denis, Reunión, o 6 de outubro de 1888 e falecido en Ardenas o 5 de outubro de 1918, foi un piloto francés, pioneiro da aviación.
Índice |
[editar] Traxectoria
O 23 de setembro de 1913 logrou efectuar a primeira travesía a través do mar Mediterráneo a bordo dun Morane-Saulnier. Tardou 5 horas e 53 minutos, malia que o motor sufriu unha avaría en Córcega. Quedábanlle 5 litros de gasolina cando aterrou en Bizerte. Durante a Primeira Guerra Mundial foi piloto militar aéreo, conseguindo cinco victorias.
Creou un sistema para disparar as metralladoras a través da hélice do avión, aínda que non implicaba sincronismo: simplemente as pas da hélice recubríanse cunha placa metálica que as blindaba. Derribado polos alemáns, foi apresado sen poder destruír o seu avión. O seu sistema foi axiña estudiado e mellorado por Anthony Fokker, que decidiu sincronizar o disparo das ametralladoras co paso das pas da hélice.
[editar] Morte e recoñecementos
Logrou fuxir, volvendo ó seu lugar na fronte. Pero nun combate aéreo o 5 de outubro de 1918 foi derribado nas Ardenas, preto de Vouziers. Membro do Stade Français e xogador afeccionado de tenis, tivo a honra póstumo de dar nome ó estadio parisino e ó torneo de tenis que se celebra cada ano en París.