Thomas Gottschalk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Gottschalk

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Bamberg, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Múnic Editar o valor em Wikidata
Altura192 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , director de cinema , actor de cinema , produtor de cinema , produtor de televisión , xornalista , locutor de radio , escritor de non ficción , presentador de televisión , guionista , rapeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorZDF Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeThea Gottschalk (1976–)
ParellaKarina Mross (en) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
PaisHans Gottschalk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Rutila Gottschalk (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsChristoph Gottschalk (en) Traducir e Raphaela Ackermann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
2018Incêndios florestais na Califórnia em 2018 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0332052 Allocine: 59952 Rottentomatoes: celebrity/thomas_gottschalk Allmovie: p27958 TV.com: people/thomas-gottschalk-1
Twitter: herbstblond Musicbrainz: 977d8c68-3a67-4c62-ba5d-990c25cb64a2 Discogs: 599607 WikiTree: Gottschalk-378 Editar o valor em Wikidata

Thomas Johannes Gottschalk, nado en Bamberg o 16 de maio de 1950, é un actor e presentador de radio e televisión alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do avogado Hans Gottschalk e de Rutila, orixinarios de Alta Silesia que tras a expulsións dos alemáns de Polonia tras da segunda guerra mundial asentáronse na localidade de Kulmbach, na Alta Franconia. En 1971 rematou os estudos secundarios no instituto de Kulmbach e lobrou unha bolsa de estudos de Cusanuswerk para cursar xermanística e historia na escola de maxisterio da Universidade de Múnic e alí foi membro da fraternidade de estudantes católicos Tuiskonia, parte da Cartellverband[1].

Radio e primeiros anos na televisión[editar | editar a fonte]

En 1971 comezou a colaborar en programas xuvenís da emisora Bayern 3 que acababa de poñer en funcionamento a Bayerischer Rundfunk (BR). En 1973 converteuse en presentador das noticias da BR (Abendschau-Nachrichten) e logo de traballar durante algún tempo no xornal Münchner Merkur logrou en 1976 un posto permanente na BR, pasou así a presentar o programa musical televisivo Szene en Das Erste producido por BR (1976-79 e 1980-81), e dende xuño de 1977 Pop nach acht na emisora radiofónica Bayern 3. A partir de novembro presentou na televisión Telespiele, un concurso baseado en videoxogos, que se emitiu na Südwestfunk e logo, brevemente, en Das Erste ata 1981. En 1980 foi tamén un dos compoñentes do grupo de hip hop GLS United que realizou a primeira canción de rap alemá[2]. Durante o ano 1982[3] foi presentador, como Mister Morning, na emisora alemá de Radio Luxembourg da súa programación da mañá ao tempo que na ZDF presentaba o programa de entrevistas e música Na sowas! dende marzo de 1982 e ata 1987 e tamén dende novembro de 1982 o Thommys Pop Show na ZDF, dedicado á música actual e que deixou en 1984. En 1983 volveu á BR para dirixir e presentar B3-Radioshow no que se mantivo ata 1989 e nese ano foi o comentarista para a ARD do Festival de Eurovisión que se celebrou en Lausana. Dende 1991 foi director da programación da emisora privada Radio Xanadu de Múnic.

Cinema[editar | editar a fonte]

Mike Krüger cantando "Nippel-Lied" en 1983

A partir de 1982 actuou diversas comedias facendo parella co humorista Mike Krüger con grande éxito comercial: Piratensender Powerplay, Die Supernasen, Zwei Nasen tanken Super[4] e Die Einsteiger. Tamén protagonizou en solitario Mama Mia – Nur keine Panik, Zärtliche Chaoten, Zärtliche Chaoten II, Eine Frau namens Harry e Trabbi goes to Hollywood. Ademais participou en Sister Act 2: Back in the Habit (1993), o filme de Helmut Dietl Late Show (1999), e na comedia de Til Schweiger 1½ Ritter – Auf der Suche nach der hinreißenden Herzelinde (2008) e na norteamericana Zookeeper (2011).

Traballou tamén como actor de dobraxe, foi a voz de Bruce Willis en Look Who's Talking (1989) e Look Who's Talking 2 (1990)[5]. No ano 2004 púxolle a voz a Garfield en Garfield – The Movie.

Wetten, dass..?[editar | editar a fonte]

O 26 de setembro de 1987 Gottschalk substituíu a Frank Elstner á fronte de Wetten, dass..? e, bardante unha breve pausa entre o 26 de setembro de 1992 e o 27 de novembro de 1993 con Wolfgang Lippert como o seu condutor, moderou o programa ata o 3 de decembro de 2011.

Gottschalk contribuíu significativamente ao éxito do show, un dos recoñecidos dos países de fala alemá, que se emitía nas noites dos sábados e que Gottschalk marcou co seu estilo distendido e a súa indumentaria ousada. Dende outubro de 2009 Michelle Hunziker acompañouno nos labores de presentación.

Durante décadas por Wetten, dass..? converteuse nunha das personalidades mellor pagadas da televisión alemá, con ata 100.000 euros por programa[6].

Na emisión 192 do 4 de decembro de 2010 o deportista Samuel Koch sufriu un accidente mentres intentaba saltar sobre un coche en marcha e o show cancelouse. Na seguinte emisión, o 12 de febreiro de 2011, Gottschalk anunciou a súa retirada no remate da tempada. O 30 de abril de 2011 presentou o último programa regular, 18 de xuño un grande especial de verán dende Mallorca.[7] e no outono outros tres especiais[8]. O último foi o 3 de decembro de 2011 en Friedrichshafen. En total Thomas Gottschalk presentou 151 emisións. O seu sucesor dende outubro de 2012 ata 2014 foi Markus Lanz[9].

Actividade na televisión privada[editar | editar a fonte]

Dende 1990 traballou na canle privada RTL[10], e alí presentou ata 1992 un programa de variedades chamado simplemente Gottschalk. Dende 1992 ata 1996 e de novo en 1999 ata 2000 presentou Disney Filmparade, onde se emitían os clásicos e novas producións de Disney.

Entre o 28 de setembro de 1992 ata o 27 de abril de 1995 presentou o seu propio programa de entrevistas nocturno, Gottschalk Late Night,[11] que seguía o modelo que realizaban nos Estados Unidos Johnny Carson, David Letterman ou Arsenio Hall.[12].

Logo pasou á canle SAT.1[13] onde entre 1995 e 1997 realizou Gottschalks Hausparty que se converteu nun dos programas de máis éxito da emisora, con 6.500.000 espectadores na derradeira emisión. Entre 1996 e 1999 presentou Gottschalk kommt que se emitía nas tardes do sábado.

ZDF[editar | editar a fonte]

Tras deixar Sat.1 traballou só para a ZDF, canle que transmitía Wetten, dass..?, e para a que relizou tamén diveros outros programas de carácter especial ou irregular. Así de 2001 ata 2011 presentou a gala solidaria anual Ein Herz für Kinder, para recollida de fondos para a organización do mesmo nome, que chegou aos 17.859.462 de euros[14] ma emisión do 17 de xaneiro de 2010 para o terremoto de Haití.

No verán de 2005 presentou Gottschalk & Friends, no que convidaba a xente recoñecida e amigos para revisar a súa vida. En agosto dese ano e mais do de 2006 presentou Die Cleversten – Der große Drei-Länder-Check, unha competición por equipos dos tres países de lingua alemá: Alemaña, Austria e Suíza. Entre 2002 e 2004 emitíronse dez episodios de Gottschalk America.

ARD[editar | editar a fonte]

Gottschalk presentando o seu libro na Feira do Libro de Frankfurt de 2015

En xaneiro de 2012 comezou a traballar na ARD co programa Gottschalk Live que se emitía polas tardes catro veces á semana e cunha duración de media hora, trataba temas de actualidade e con entrevistas a personalidades da sociedade, entretemento e cultura. Emitíase antes do telexornal do serán, primeiro en directo dende Berlín e gravado en estudio a partir de abril. O programa cancelouse o 6 de xuño de 2012 por mor da súa baixa audiencia[15].

Volta á RTL[editar | editar a fonte]

Do 15 de setembro de 2012 ata o 16 de decenbro 2012 estivo de xurado con Dieter Bohlen e Michelle Hunziker en Das Supertalentder da RTL, a versón alemá de Go Talent. En maio de 2013 presentouse en RTL Die 2 – Gottschalk & Jauch gegen alle no que Gottschalk e mais o tamén presentador Günther Jauch competían contra varios candidatos no estudo, co público e cos espectadores, presentábao Barbara Schöneberger e tivo 18 emisións ata 2017.

O 3 e 4 de xaneiro de 2014 presentou o especial 30 Jahre RTL – Die große Jubiläumsshow mit Thomas Gottschalk. En febreiro comezou Back to School – Gottschalks großes Klassentreffen concurso con antigos compañeiros de clase e mais profesores de convidados famosos.

En abril de 2015 publicou o primeiro tomo da súa autobiografía, Herbstblond: Die Autobiographie.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Die Gottschalk-Geheimnisse von A bis Z" Welt, 17 de maio de 2010
  2. "Thomas Gottschalk war der erste deutsche Rapper—Auch wenn es weh tut" Vice, 16 de agosto de 2016
  3. "Prosit, Thomas Gottschalk!" Arquivado 30 de maio de 2019 en Wayback Machine.. Wunschliste, 14 de setembro de 2007
  4. Literalmente: "dous narices énchense de súper", unha chiscadela os grandes nefres dos protagonistas
  5. "Thomas Gottschalk" in Deutsche Synchronkartei
  6. ""Tatort"-Leiche verdient 150 Euro pro Drehtag"". t-online.de. 10 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2021. Consultado o 01 de xuño de 2019. 
  7. Michael Hanfeld (12 de febreiro de 2011). "Gottschalk hört auf: „Schatten auf der Sendung“". FAZ. Consultado o 2011-02-12. 
  8. Mit der Sommer-Sendung ist Schluss, orf.at, 12. de febreiro 2011.
  9. Christoph Behrens (12 de marzo de 2012). "ZDF findet Gottschalk-Nachfolger: Markus Lanz übernimmt „Wetten, dass..?“". Focus Online. 
  10. vgl. Lutz Hinrichs: Wetten, es geht weiter?, in: HORIZONT, 21 de agosto de 2008, p. 128.
  11. Rupert Sommer: Tele 5: „Wir sind arte für den kleinen Mann“, in: kressreport, 23 de xaneiro de 2009, p. 24.
  12. Harald Keller: Die Geschichte der Talkshow in Deutschland. Frankfurt: Fischer, 2009, p. 307.
  13. Peer Schader: 25 Jahre Privat-TV – Einer wird gewinnen, in: HORIZONT, 5 de febreiro de 2009 p.40.
  14. Axel Springer AG: Pressemitteilung zum Spendenergebnis Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine.. Abgerufen im Januar 2010.
  15. ARD-Show: „Gottschalk Live“ wird eingestellt.Sttugarter Zeitung, 18 de abril de 2012.