Bruce Willis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bruce Willis
Bruce Willis by Gage Skidmore.jpg
Willis en xullo de 2010.
Nacemento Walter Bruce Willis
19 de marzo de 1955 (59 anos)
Idar-Oberstein, Alemaña Alemaña
Outros nome(s) W.B. Willis
Bruno
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor, produtor, músico
Cónxuxe(s) Demi Moore (1987–2000)
Emma Heming (2009–presente)
Fillo(s) Rumer, Scout, Tallulah
Ficha na IMDb

Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro irmáns (tres nenos e unha nena) un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde toma clases de teatro por primeira vez, que ,non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estuda arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marcha a Nova York para comezar a súa carreira de actor.

Fai o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empeza a fixarse nel cando interpreta un bo papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serve de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando consegue o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre ó borde do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explora a súa parte cómica na película Look Who's Talking.

No ano 1987 cando casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que terá tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.

E no ano 1990 cando Bruce Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofrece dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que comparte protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o publico dálle as costas.

Bruce Willis cantando.

Tras esta fase de incerteza a fama de Bruce Willis parecía ir decrecendo, non obstante Willis volve dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixida por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que comparte protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas boas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.

Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.

Ultimamente tras películas como Hart's War (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semella gozar de moi boa saúde.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes
Ano Título Papel Notas
1980 The First Deadly Sin Home entrando a comer
1982 O veredicto Courtroom Observer Sen creditar
1985 A Guru Comes Extra Sen creditar
1987 Blind Date Walter Davis
1988 The Return of Bruno Bruno Radolini
1988 Sunset Tom Mix
1988 Die Hard John McClane
1989 That's Adequate El mesmo
1989 In Country Emmett Smith
1989 Look Who's Talking Mikey Voz
1990 Die Hard 2 John McClane
1990 Look Who's Talking Too Mikey Voz
1990 The Bonfire of the Vanities Peter Fallow
1991 Mortal Thoughts James Urbanski
1991 Hudson Hawk Eddie 'Hudson Hawk' Hawkins Guionista
1991 Billy Bathgate Bo Weinberg
1991 The Last Boy Scout Joseph Cornelius 'Joe' Hallenbeck
1992 The Player El mesmo
1992 Death Becomes Her Dr. Ernest Menville
1993 Loaded Weapon 1 John McClane
1993 Striking Distance Tom 'Tommy' Hardy
1994 North Narrador
1994 Color of Night Dr. Bill Capa
1994 Pulp Fiction Butch Coolidge Nomeado—Chlotrudis Award ó mellor actor de reparto
1994 Nobody's Fool Carl Roebuck
1995 Die Hard with a Vengeance John McClane
1995 Four Rooms Leo
1995 12 Monkeys James Cole
1996 Last Man Standing John Smith
1996 Beavis and Butt-Head Do America Muddy Grimes Voz
1997 Le Cinquième Élément Korben Dallas
1997 The Jackal O chacal
1998 Mercury Rising Art Jeffries
1998 Armageddon Harry S. Stamper Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor
1998 The Siege Xeneral William Devereaux
1999 Franky Goes to Hollywood El mesmo
1999 Breakfast of Champions Dwayne Hoover
1999 O sexto sentido Dr. Malcolm Crowe Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor
1999 The Story of Us Ben Jordan
2000 The Whole Nine Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski
2000 Disney's The Kid Russell 'Russ' Duritz
2000 Unbreakable David Dunn
2001 Bandits Joe Blake
2002 Hart's War Coronel William A. McNamara
2002 Grand Champion Mr. Blandford
2003 Bágoas do sol Tenente A.K. Waters
2003 Rugrats Go Wild Spike Voz
2003 Charlie's Angels: Full Throttle William Rose Bailey
2004 The Whole Ten Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski
2004 Ocean's Twelve El mesmo
2005 Hostage Jeff Talley Tamén produtor
2005 Sin City John Hartigan
2006 Alpha Dog Sonny Truelove
2006 16 Blocks Jack Mosley Tamén produtor
2006 Fast Food Nation Harry Rydell
2006 Lucky Number Slevin Mr. Goodkat
2006 Over The Hedge RJ Voz
2007 The Astronaut Farmer Coronel Doug Masterson
2007 Perfect Stranger Harrison Hill
2007 Grindhouse Lt. Muldoon
2007 Nancy Drew El mesmo
2007 Live Free or Die Hard John McClane Tamén produtor.
2008 What Just Happened El mesmo
2008 Assassination of a High School President Director Kirkpatrick
2009 Surrogates Axente Tom Greer
2010 Cop Out Jimmy Monroe
2010 The Expendables Mr. Church
2010 Red Frank Moses
2011 Catch .44 Mel

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]