The Others
| The Others | |
|---|---|
| Título orixinal | The Others |
Palacio de Los Hornillos en Las Fraguas (Cantabria), España. Mansión onde se rodaron os exteriores da película. |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Alejandro Amenábar |
| Produtor | Fernando Bovaira José Luis Cuerda StudioCanal |
| Guión | Alejandro Amenábar |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Nicole Kidman Fionnula Flanagan Christopher Eccleston Elaine Cassidy Eric Sykes Alakina Mann James Bentley |
| Música | Alejandro Amenábar |
| Fotografía | Javier Aguirresarobe |
| Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
| Estudio | |
| Distribuidor | Dimension Films (USA) Warner Bros. (España) |
| Ano | 2001 |
| Duración | 104 minutos |
| País | |
| Xénero | Terror, Thriller |
| Orzamento | $17,000,000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
The Others (Os Outros) é unha película española do ano 2001 inspirada na obra Outra volta á torniqueta de Henry James dentro do xénero do thriller e dirixida polo director español Alejandro Amenábar, coa australiana Nicole Kidman como actriz protagonista. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.
Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis taquilleira da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só en Estados Unidos.
Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Oscar á mellor actriz.
Índice |
Argumento [editar]
Ó final da Segunda Guerra Mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unha enfermidade que lles impide estar expostos á luz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata a tres serventes, que se comportan dun xeito cada vez más estraño, ataque Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.
Personaxes [editar]
- Nicole Kidman como Grace Stewart
- Alakina Mann como Anne Stewart
- James Bentley como Nicholas Stewart
- Fionnula Flanagan como Bertha Mills
- Christopher Eccleston como Charles Stewart
- Eric Sykes como Edmund Tuttle
- Elaine Cassidy como Lydia
- Renée Asherson como Muller maior
- Gordon Reid como Asistente
- Keith Allen como Sr. Marlish
- Michelle Fairley como Sra. Marlish
- Alexander Vince como Victor Marlish
- Ricardo López como Segundo asistente
- Aldo Grilo como Xardineiro
Galardóns e nomeamentos [editar]
Os outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en negriña os premios gañados):
- Mellor película
- Mellor director: Alejandro Amenábar
- Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar
- Mejor música orixinal: Alejandro Amenábar
- Mellor dirección de produción: Emiliano Otegui e Miguel Ángel González
- Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe
- Mellor montaxe: Nacho Ruiz Capillas
- Mellor actor revelación: James Bentley
- Mellor interpretación feminina protagonista: Nicole Kidman
- Mellor actriz revelación: Alakina Mann
- Mellor dirección artística: Benjamín Fernández
- Mellor deseño de vestiario: Sonia Grande
- Mellor maquillaxe e perruquería: Ana López-Puigcerver e Belén López-Puigcerver
- Mellor son: Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein
- Mellores efectos especiais: Derek Langley, Pedro Moreno, Félix Bergés e Rafael Solórzano