Ron Asheton
| Ron Asheton | |
|---|---|
Asheton (á esquerda) con Iggy Pop |
|
| Nome completo | Ronald Frank Asheton |
| Alias | |
| Naceu | 17 de xullo de 1948 |
| Orixe | Ann Arbor, Michigan |
| Morreu | 1 de xaneiro de 2009 (60 anos) |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, baixo, acordeón |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The Stooges, The New Order, Destroy All Monsters, New Race, Dark Carnival |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Ron Asheton (17 de xullo de 1948 - 1 de xaneiro de 2009)[1] foi un guitarrista estadounidense e co-autor xunto a Iggy Pop na banda de rock The Stooges.
Índice |
Biografía [editar]
Naceu en Ann Arbor, Michigan.
Asheton tocou a guitarra nos dous primeiros discos dos Stooges, pasandose ao baixo no terceiro, Raw Power, sendo reemplazado neste instrumento así como na autoría de cancións polo novo guitarrista da banda James Williamson. Unha vez reunidos de novo os Stooges, volveu a tocar a guitarra na banda.
Ademais dos Stooges, Asheton tamén tocou nas bandas The New Order (non confundir coa banda británica do mésmo nome, Destroy All Monsters, New Race, e máis recentemente xunto a Mike Watt, J. Mascis (de Dinosaur Jr.), Thurston Moore (de Sonic Youth) e Mark Arm (de Mudhoney) entre outros (como The Wylde Ratttz), na banda sonora para o filme de Todd Haynes Velvet Goldmine. Asheton tamén actuou, aparecendo xunto ao protagonista do filme A matanza de Texas Gunna Hansen en Mosquito que se estreou en 1995; así como noutros dous filmes: Frostbiter: Wrath of the Wendigo e Legion of the Night.
Asheton xa levaba cinco anos tocando o acordeón cando comezou a tocar a guitarra aos dez anos.
Acadou o número 29 na lista dos 100 mellore guitarristas de todos os tempos da revista Rolling Stone.[2]
Asheton foi atopado morto na súa casa de Ann Arbor, Michigan o día 6 de xaneiro de 2009. Morreu uns días antes.[3]
Discografía [editar]
- Cos Stooges
- The Stooges (1969)
- Fun House (1970)
- Raw Power (1973)
- The Weirdness (2007)
- Con The New Order
- Con New Race
- Con Dark Carnival
- Con the Empty Set
- Thin, Slim & None/Flunkie (1996)
- Con The Powertrane
- Ann Arbor Revival Meeting (2003)
- Outras contribucións
- Botou unha man no proceso de escritura da canción "Hit Them Again" no disco Radios Appear (1977) da banda australiana Radio Birdman.
- Unha canción súa pode escoitarse ao final da película Mosquito.
- Gravou varias cancións para a banda sonora orixinal da película Velvet Goldmine, mais só unha delas foi usada (1998).
- Unha canción en Beyond Cyberpunk (2001).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Entrevista na revista online Perfect Sound Forever (en inglés).
- Ron Asheton: Calling From The Funhouse en i94Bar (en inglés).
- Entrevista en SuicideGirls (2007, (en inglés)).
- Ron Asheton perfil na NNDB.
- Noticia da súa morte no Chicago Tribune (en inglés).
- Noticia da súa morte no diario El País (en castelán).