Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tempada 1948-49 da BAA foi a terceira edición da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que un ano despois sería rebautizada como National Basketball Association (NBA). Nesta tempada fixéronse co título os Minneapolis Lakers, debutantes na liga, vencendo nas finais ós Washington Capitols.
Antecedentes [editar]
O número de equipos que formaron parte da liga nesta tempada medrou dende 8 a 12 coa incorporación de 4 novos equipos provenientes da ABL: Minneapolis Lakers, Fort Wayne Pistons, Indianapolis Jets e Rochester Royals.
A pesar da ampliación no número de equipos que compoñían a BAA, o certo foi que a liga seguía representando só a un par de zonas do país, á costa norte do Atlántico (División Leste) e ó medio oeste próximo ós Grandes Lagos (División Oeste).
Tempada regular [editar]
A tempada regular amosou unha salientable superioridade por parte de dous equipos da División Oeste, os Rochester Royals e os Minneapolis Lakers, que remataron por riba do 70% de vitorias. Cada equipo disputou 60 encontros, e por primeira vez os 4 mellores equipos de cada división acadaron o pase para disputar as eliminatorias polo título.
- División Leste
|
- División Oeste
|
Estatísticas [editar]
George Mikan foi nesta tempada 1948-49 o líder de anotación da liga con 1.698 puntos anotados (28'3 por encontro), por diante de Joe Fulks con 1.560 puntos (26'0 por encontro) e Max Zaslofsky con 1.197 puntos (20'6 por encontro).
As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:
Equipos ideais [editar]
Max Zaslofsky e Joe Fulks foron elixidos por terceiro ano seguido dentro do primeiro quinteto ideal da BAA.
- Primeiro quinteto ideal.
|
- Segundo quinteto ideal.
|
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| 1940s |
|
|
| 1950s |
|
|
| 1960s |
|
|
| 1970s |
|
|
| 1980s |
|
|
| 1990s |
|
|
| 2000s |
|
|
| 2010s |
|
|