Surt (volcán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Surt
A imaxe de máis resolución de Surt, imaxe tomada pola sonda Voyager 1 o 5 de marzo do ano 1979.
Tipo de accidente xeolóxico Volcán
Accidente xeolóxico de Ío
Dimensións 75 x 40 kms[1][2]
Altitude ?
Coordenadas 45,21° N 336,49° O[3]
Procedencia do nome Deus dun volcán islandés.[3]

Surt é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado na cara (no hemisferio) visible de Ío (visible dende Xúpiter) e as súas coordenadas na superficie da lúa son 45,21° N 336,49° O.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Surt consiste nunha fosa ovalada volcánica (chamada patera) duns 75 por 40 kms, rodeado de varios depósitos circulares de xofre vermello e de brillante dióxido de xofre, localizados ó sur e leste da fosa.[1][2] O volcán foi visto por primeira vez en imaxes tomadas pola sonda Voyager 1 en marzo de 1979.[4] Máis tarde e dentro dese mesmo ano, a Unión Astronómica Internacional deulle oficialmente o nome de Surt, dentro da mitoloxía islandesa, Surtr era un deus dun volcán islandés.

Dende que a Voyager 1 descubriu este volcán, foron vistas varias erupcións nel. A primeira erupción foi vista dende observatorios terrestres que estaban seguindo o descubrimento do vulcanismo en Ío que nese momento estaba focalizado en Surt, o 11 de xuño de 1979, entre os sobrevoos da Voyager 1 e da Voyager 2.[1][5] Cando a Voyager 2 chegou ó sistema de Xúpiter en xullo do ano 1979, a erupción semellaba terse detido, pero podíase observar un depósito fresco duns 600 kms de ancho ó redor de Surt, procedente dunha unha pluma eruptiva do propio Surt.[4] Este depósito suxería unha pluma activa do tipo Pele en Surt entre o período intermedio que houbo entre a chegada das dúas Voyager a Xúpiter.[1] Ademais, observouse material escuro, que seguramente era lava que foi expulsada durante a citada erupción, a cal era visible dentro da parte oriental do patera.[5] Cando a sonda Galileo tomou as súas primeira imaxes desa área no ano 1996, a aparencia de Surt e os seus arredores regresaran á súa aparencia orixinal, ó estado visto pola Voyager 1, suxerindo outra vez que as súas erupción son de períodos curtos.[2]

Surt erupcionou outra vez o 22 de febreiro do 2001, na erupción volcánica máis potente xamais observada, en termos de emisión de enerxía (en watios).[6] A cantidade total de enerxía emitida durante esa erupción de Surt (7, 2–8,4 1013W) estaba próxima a acada-la suma da media de enerxía emitida por tódolos volcáns de Ío. A pesar desta violentisima erupción, detectáronse poucos cambios na superficie próxima a Surt nas imaxes tomadas pola Galileo seis meses despois, suxerindo así que boa parte dos cambios desapareceran ou quedaron 'murchados'.[2] Máis tarde, en agosto do 2001, a Galileo tomou imaxes de depósitos vermellos frescos, ricos en sulfuros, que estaban situados ó nordeste de Surt.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 McEwen, A. S.; Soderblom, L. A. (1983). "Two classes of volcanic plume on Io". Icarus 58: 197–226. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Geissler, P.; e o seu equipo. (2004). "Surface changes on Io during the Galileo mission". Icarus 169: 29–64. doi:10.1016/j.icarus.2003.09.024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Eruptive center: Surt on Io". Consultado o 17-09-2010. 
  4. 4,0 4,1 Smith, B. A.; e o seu equipo. (1979). "The Galilean Satellites and Jupiter: Voyager 2 Imaging Science Results". Science 206 (4421): 927–950. PMID 17733910. doi:10.1126/science.206.4421.927. 
  5. 5,0 5,1 Sinton, W. M. (1980). "Io: Are Vapor Explosions Responsible for the 5-μm Outbursts?". Icarus 43: 56–64. doi:10.1016/0019-1035(80)90087-1. 
  6. Marchis, F.; e o seu equipo. (2002). "High-Resolution Keck Adaptive Optics Imaging of Violent Volcanic Activity on Io". Icarus 160: 124–131. doi:10.1006/icar.2002.6955. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]