Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Gish Bar |
 |
| Imaxe de alta resolución de Gish Bar Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999. |
| Tipo de accidente xeolóxico |
Patera |
| Accidente xeolóxico de |
Ío |
| Diámetro |
110 km[1] |
| Profundidade |
? |
| Coordenadas |
18,6° N 87,7° O[1] |
| Procedencia do nome |
Deus babilonio do Sol.[1] |
Gish Bar Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 110 kms de diámetro e cobre unha área duns 9.600 km2. Está situado a 18,6° N 87,7° O . O nome de Gish Bar provén da mitoloxía babilonia, onde Gish Bar era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1] Está situado ó sur da base do Gish Bar Mons, unha montaña de 11 kms de altitude. Cara o nordeste está Skythia Mons, e cara o leste está Monan Mons, ó note e sur están Monan Patera e Ah Peku Patera, respectivamente.[2]
A sonda Galileo detectou actividade volcánica no pasado recente de Gish Bar Patera, particularmente en 1996, e unha nova erupción foi detectada polos instrumentos de espectrometría infravermella da Galileo en agosto do 2001.[3] A sección occidental da patera é principalmente verde, cons algunhas manchas brillantes, mentres que a parte oriental é principalmente laranxa. A rexión do noroeste de Gish Bar Patera está cheo de manchas procedentes de varias erupcións. O chan do patera podería estar formado por silicatos.[4]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
|
| Artigos principais |
|
|
|
| Listas |
|
|
| Paterae |
|
|
| Montañas |
|
|
| Regueiros de lava ou Canles |
|
|
| Volcáns |
|
|
| Exploración |
|
|