Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Monan |
 |
| Imaxe de alta resolución de Monan Patera, tomada pola sonda Galileo non seu encontro con Ío de outubro do ano 1999. |
| Tipo de accidente xeolóxico |
Patera |
| Accidente xeolóxico de |
Ío |
| Diámetro |
112,89 km[1] |
| Profundidade |
? |
| Coordenadas |
19,72° N 105,39° O[1] |
| Procedencia do nome |
Deus orixinario do brasil que destruíu o mundo con lume e inundacións.[1] |
Monan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 113 kms de diámetro e está situado a 19,72° N 105,39° O. O nome de Monan provén da mitoloxía brasileira, onde Monan era un deus que destruíu o mundo con lume e inundación, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1997.[1]
Monan Patera ten unha depresión en forma de verme bastante peculiar ó norte das estribacións da alongada montaña Monan Mons, ó sur da cal está Ah Peku Patera. Ó leste está o centro eruptivo de Amirani, e o norte está Skythia Mons. Cara o leste está Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.[2] Monan Patera ten unhas marxes norte e sur moi semellantes que indican que podería terse formado coma unha cunca e que despois sería recuberta de lava.[3]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Patera, paterae: Monan Patera on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3963. Consultado o 03-08-2010.
- ↑ NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
- ↑ Jani Radebaugh, Laszlo P. Keszthelyi, Alfred S. McEwen, Elizabeth P. Turtle, Windy Jaeger, e Moses Milazzo (2001). "Paterae on Io: A new type of volcanic caldera?". Journal of Geophysical Research 106: 33,005–33,020. http://www.lpl.arizona.edu/~jani/janijgr2001.pdf.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
|
| Artigos principais |
|
|
|
| Listas |
|
|
| Paterae |
|
|
| Montañas |
|
|
| Regueiros de lava ou Canles |
|
|
| Volcáns |
|
|
| Exploración |
|
|