Loki Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loki
Loki Patera Color Voyager.jpg
Loki Patera, visto dende a Voyarer 1, pódese aprecia-las coladas de lava e as fosas de orixe volcánico.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 227,79 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 12,97° N 308,8° O[1]
Procedencia do nome Deus noruegués da estafa e o engano.[1]


Loki Patera é a depresión volcánica máis grande da lúa de Xúpiter, Ío, con máis de 227 kms de diámetro[1] (outras fontes outórganlle 202 kms de diámetro[2]). Contén un lago de lava activo, con periódicos afundimentos e colapsos da codia do propio lago.[3]

Características[editar | editar a fonte]

O nivel de actividade é semellante ó dunha zona moi activa dunha dorsal oceánica terrestre.[4] As medicións de temperatura a partir das emisións termais de Loki Patera tomadas pola Voyager 1 no infravermello (IRIS) concordan cun vulcanismo baseado no sulfuro.[5]

Parte dos lagos de lava de Ío, tales coma Loki Patera, son depresións parcialmente cubertas de lava fundida cun fina codia solidificada enriba da propia lava. Estes lagos de lava están conectados directamente coas grandes reservas de magma das profundidades.[6] Observacións da emisión termal de varios lagos de lava de Ío revelan rocha fundida ó longo da beira do patera, isto é debido a que a codia do lago tende a rachar moitas veces ó longo do patera. Co paso do tempo, e a medida que a lava se vai solidificando, esta tornase máis densa cá lava fundida que está por debaixo, facendo así que esta codia se manteña a flote de xeito inestable, mentres está codia non se afunde ou se colapsa de todo, provoca un aumento na emisión termal do propio volcán, chegando ó cénit cando se colapsa a codia.[7] En sitios coma Loki Patera, este fenómeno pode ocorrer periodicamente. Durante un fenómeno de afundimento ou colapso desta codia, Loki pode aumenta-la súa emisión termal ata en dez veces en comparación a cando está a codia estable.[3] Durante unha erupción nos lagos menos activos, unha onda na codia flotante pode entenderse ó longo de todo o patera a unha velocidade dun quilómetro por día, ata que toda a codia do lago é reestruturada. Outra erupción pode comezar orixinado unha nova codia que cando se arrefría e se torna máis densa, de abondo para non poder aboiar sobre o magma fundido que está por debaixo, orixinando a repetición do ciclo.[8]

Loki Patera está situado a 12,97° N 308,8° O. It is named after the Norse god Loki.[9][1] Amaterasu Patera está situado cara ó norte e Manua Patera cara ó noroeste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Patera, paterae: Loki Patera on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3459?__fsk=-1645207695. Consultado o 07-08-2010. 
  2. Radebaugh, J.; e o seu equipo. (2001). "Paterae on Io: A new type of volcanic caldera?". J. Geophys. Res. 106: 33005–33020. DOI:10.1029/2000JE001406. 
  3. 3,0 3,1 Howell, R. R.; R. M. C. Lopes (2007). "The nature of the volcanic activity at Loki: Insights from Galileo NIMS and PPR data". Icarus 186: 448–461. DOI:10.1016/j.icarus.2006.09.022. 
  4. Rosaly M.C. Lopes and Tracy K.P. Gregg (2004). Lava Lakes on Jupiter’s Moon Io (abstract)
  5. Hanel, R.; e o seu equipo. (1979). "Infrared Observations of the Jovian System from Voyager 1". Science 204 (4396): 972–76. DOI:10.1126/science.204.4396.972-a. PMID 17800431. 
  6. Davies, A. (2007). "Effusive activity: landforms and thermal emission evolution". Volcanism on Io: A Comparison with Earth. Cambridge University Press. pp. 142–52. ISBN 0-521-85003-7. 
  7. Matson, D. L.; e o seu equipo. (2006). "Io: Loki Patera as a magma sea". J. Geophys. Res. 111: E09002. DOI:10.1029/2006JE002703. 
  8. Rathbun, J. A.; J. R. Spencer (2006). "Loki, Io: New ground-based observations and a model describing the change from periodic overturn". Geophysical Research Letters 33: L17201. DOI:10.1029/2006GL026844. 
  9. "IO NOMENCLATURE". lnfm1.sai.msu.su. http://lnfm1.sai.msu.su/neb/rw/natsat/jup_sat/io/patera.htm. Consultado o 19-10-2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]