Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Silpium |
 |
| Captura extraida do programa NASA World Wind que inclúe a Silpium Mons. |
| Tipo de accidente xeolóxico |
Mons |
| Accidente xeolóxico de |
Ío |
| Diámetro |
114,54 km km[1] |
| Extensión |
7.073 km²[2] |
| Altitude |
5,6 km[2] |
| Coordenadas |
52,71° S 272,34° O[1] |
| Procedencia do nome |
Lugar onde (segundo algunhas fontes), Ío morreu dunha fonda pena.[1] |
Silpium Mons é unha montaña da lúa de Xúpiter, Ío. Segundo a U.S. Geological Survey ten un diámetro medio de 114,54 km[1], aínda que a Io Mountain Database dálle un longo de 113 km por 79,7 km de ancho e unha altura de 5,6 km.[2] Cobre un área duns 7.073 km2 e está situado nas coordenadas 52,71° S 272,34° O . É coma unha crista estriada, é dicir, unha estrutura elevada dominada por un prominente cumio ou cumios lineais, ou cumios en agulla. Seu nome proven do lugar onde segundo algunhas fontes, Ío morreu dunha gran pena. O seu nome foi adoptado pola Unión Astronómica Internacional no ano 1979. Está situado ó sur de Svarog Patera, ó norte de Mithra Patera, e o nordeste de Viracocha Patera.[3] A súa proximidade a Svarog e Viracocha Paterae suxiren que podería existir unha conexión estrutural entre as montañas de Ío e a súas caldeiras.[4]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Mons, montes: Silpium Mons on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/5535?__fsk=-1694596117. Consultado o 18-08-2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Io Mountain Database". planetologia.elte.hu. http://planetologia.elte.hu/io/index.phtml?nev=273s51. Consultado o 18-08-2010.
- ↑ NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
- ↑ Harland, David M. (2000). Jupiter Odyssey: The Story of NASA's Galileo Mission. Springer. ISBN 1852333014. p. 353
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
|
| Artigos principais |
|
|
|
| Listas |
|
|
| Paterae |
|
|
| Montañas |
|
|
| Regueiros de lava ou Canles |
|
|
| Volcáns |
|
|
| Exploración |
|
|