Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Danubio |
 |
| A Danubio Planum vista pola Vogayer 1 en marzo de 1979. |
| Tipo de accidente xeolóxico |
Planum |
| Accidente xeolóxico de |
Ío |
| Diámetro |
244,22 km[1] |
| Altitude |
5,5 km[2] |
| Coordenadas |
22,73° S 257,44° O[1] |
| Procedencia do nome |
Un dos lugares polos que vagou Ío.[1] |
Danube Planum é unha planicie con rifts na superficie de Ío, a lúa de Xúpiter[3]. Está situado no hemisferio de vangarda de Ío, nas coordenadas 22,73° S 257,44° O. A planicie ten uns 244 km de diámetro medio[1] e 5,5 km de altitude.[2] A planicie está seccionada polo medio por un canon de ten unha anchura de entre 15 a 25 km, divide así a planicie montañosa en dúas metades, a este e a oeste con varios bloques adicionais cara o sur do canon.[2] A marxe exterior da planicie está remarcada por escarpas de altitudes que varían entre os 2,6 ós 3,4 km de altitude. Son visibles grandes masas de material depositadas ó longo da marxe occidental da planicie.[2] Son visibles tamén dous paterae, un ó sur e outro no norte da planicie. O volcán que está no extremo norte, Pele, é un dos máis activos de Ío. Unha das fallas que forman Danubio Planum podería funcionar coma un canal de desaugue para o magma que sae do volcán Pele.[4]
En 1985, a Unión Astronómica Internacional asignoulle o nome do río Danubio, un dos numerosos lugares por onde a mitolóxica Ío tivo que vagar.[1]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Planetary Names: Planum, plana: Danube Planum on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/1407?__fsk=-1925348039. Consultado o 18-08-2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Schenk, P.; e o seu equipo. (2001). "The Mountains of Io: Global and Geological Perspectives from Voyager and Galileo". Journal of Geophysical Research 106 (E12). DOI:10.1029/2000JE001408.
- ↑ Henrik, Hargitai. "Io Mountain Database -- Mountain at: 258s22". Io Mountain Database. http://planetologia.elte.hu/io/index.phtml?nev=258s22. Consultado o 14-02-2010.
- ↑ Radebaugh, J.; e o seu equipo. (2004). "Observations and temperatures of Io's Pele Patera from Cassini and Galileo spacecraft images". Icarus 169. DOI:10.1016/j.icarus.2003.10.019.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|
|
| Artigos principais |
|
|
|
| Listas |
|
|
| Paterae |
|
|
| Montañas |
|
|
| Regueiros de lava ou Canles |
|
|
| Volcáns |
|
|
| Exploración |
|
|