Masubi (volcán)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masubi
Masubi Hires Voyager.jpg
A imaxe de máis resolución de Masubi co seu regueiro de lava, imaxe tomada pola sonda Voyager 1 en marzo do ano 1979.
Tipo de accidente xeolóxico Volcán
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 511,22 km[1]
Altitude  ?
Coordenadas 49,6° S 56,18° O[1]
Procedencia do nome Deus xaponés do lume.[1]


Masubi é un volcán activo que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio de vangarda da lúa, nas coordenadas 49,6° S 56,18° O, dentro da brillante rexión de Tarsus Regio. A columna volcánica de Masubi foi vista por varias sondas espaciais, comezando pola Voyager 1 no ano 1979, pensase que non é un volcán cunha actividade persistente coma no caso de volcáns semellantes coma Amirani e Prometheus.[2] Masubi é moi coñecido debido a que posúe o regueiro de lava activo máis grande de Ío, con 240 km adicionais formados entre os anos 1999 ó 2007.[3]

Observacións feitas pola Voyager 1[editar | editar a fonte]

O volcán foi detectado por primeira vez grazas á sonda Voyager 1 durante o seu encontro co sistema de Xúpiter o 5 de marzo do ano 1979. A Voyager descubriu unha pluma (columna) volcánica de 64 km de altura e 177 km de ancho, composta principalmente de dióxido de xofre, no extremo norte dun longuísimo e escuro regueiro de lava de máis de 500 km de longo.[4][5] Ata o día de hoxe, as imaxes tomadas pola Voyager 1 pouco antes de que a sonda chegase o punto máis próximo a Ío, son as que teñen unha maior resolución espacial, 2 km por píxel.[6] Estas imaxes revelan un regueiro de lava con forma de V no extremo norte, asociado cunha pluma volcánica (coma fonte de material) que deixou un depósito escuro ó redor do regueiro, e este despois bifurcase na sección sur.[6] As dúas formas globulares dos depósitos da pluma poderían se-lo resultado do que atopou a Voyager 1, que detectou dúas fontes no dentro do chan do regueiro de lava e dúas columnas eruptivas.[7] Esta foi unha das plumas menos vistosas de Ío vista dende as dúas sondas Voyager. Inicialmente déuselle o nome de Pluma 8, pero no ano 1979, a Unión Astronómica Internacional chamoulle Masubi, deus do lume na mitoloxía xaponesa.[1] O regueiro de lava asociado coa pluma foi chamado Masubi Fluctus, pouco antes de comeza-la misión da sonda Galileo.[8]

Observacións feitas pola Galileo[editar | editar a fonte]

A sonda Galileo e as observacións feitas dende a terras revelaron actividade volcánica en varias ocasión á finais dos anos 90, pero non coma un punto quente persistente.[9] As cámaras da Galileo observaron unha pluma volcánica ó longo de Masubi Fluctus durante varias tempadas da misión, en concreto en xullo/agosto de 1999 e agosto do 2001.[2] As cámaras da Galileo tamén observaron a formación dos depósitos desta pluma en setembro de 1997. En ambos casos, as columnas volcánicas (plumas) emanaban de diferente lugares de Masubi Fluctus, provendo máis tarde de evidencias de que as columnas de po coma estas de Masubi son o resultado dunha rápida sublimación do dióxido de xofre superficial a través do seu quecemento, avanzado coa fronte do regueiro de lava, no canto de erupcionar dende a abertura principal do volcán.[10] Dende a Terra e durante un curto espazo de tempo, en agosto do ano 1998, os astrónomos detectaron unha erupción a gran temperatura en Masubi, confirmando a composición máfica a ultramáfica de Masubi Fluctus.[11]

Observacións feitas pola New Horizons[editar | editar a fonte]

As últimas observacións de Masubi foron feitas pola sonda New Horizons' o 28 de febreiro do 2007 no seu encontro co sistema de Xúpiter. Durante este encontro, foron vistas dúas plumas ó longo de Masubi Fluctus. Unha vista no extremo norte do regueiro de lava, que se interpreta coma principal apertura para a saída de material que alimenta o regueiro de lava. A segunda foi vista no medio do longo regueiro de lava.[3] Estas dúas plumas tiñan 70 e 80 km de altitude respectivamente. A New Horizons tamén puido detectar 240 km novos do regueiro de lava en Masubi, os cales formáronse entre a última observación da sonda Galileo de Masubi Fluctus no ano 1999 e o sobrevoo da New Horizons no ano 2007.[3] Este é o regueiro novo de lava máis grande observado en todo o Sistema Solar dende que se descubriu vulcanismo extra-terrestre en Ío no ano 1979.[12] As dúas plumas vistas emanaban dende o extremo norte e sur deste novo regueiro. Estas dúas plumas deixaron ó redor do novo regueiro dous depósitos circulares de material escuro, de xeito semellante ós depósitos vistos pola Voyager.

As imaxes da New Horizons tamén realzaron a visibilidade dos 500 km vellos do regueiro de lava, visibilidade que varía dependendo do ángulo de fase da observación. O ángulo de fase é o ángulo que hai entre o observador, Ío e o Sol. Ío aparece "chea" en ángulos de fase próximos a 0°, "medio-chea" a ángulos moderados de fase próximos a 90°, e en forma de semi circulo en ángulos grandes próximos ós 180°. A porción vella de Masubi Fluctus é case invisible en anglos de fase baixos e só se ve en ángulos de fase grandes.[3] Isto pode ser debido a que a xeada de dióxido de xofre que está por riba da nova capa de lava, escurece a mesma, pero este depósito non debería ser aínda o suficientemente groso coma para tapa-la textura do regueiro.[3] Foi observado un efecto semellante de ángulo de fase en Masubi Fluctus a través das sonda Voyager e Galileo, pensase que este efecto esta limitado ás lonxitudes de ondas máis largas dentro do espectro visible.[13]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Eruptive center: Masubi on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3744. Consultado o 25-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 Geissler, P. E.; M. T. McMillan (2008). "Galileo observations of volcanic plumes on Io". Icarus 197: 505–18. DOI:10.1016/j.icarus.2008.05.005. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Spencer, J. R.; e o seu equipo. (2007). "Io Volcanism Seen by New Horizons: A Major Eruption of the Tvashtar Volcano". Science 318: 240–43. DOI:10.1126/science.1147621. 
  4. Davies, Ashley (2007). "Io, 1610-1979". Volcanism on Io: A Comparison with Earth. Cambridge University Press. pp. 7–26. ISBN 0-521-85003-7. 
  5. Strom, R. G.; e o seu equipo. (1979). "Volcanic eruption plumes on Io". Nature 280: 733–736. DOI:10.1038/280733a0. 
  6. 6,0 6,1 Perry, Jason (09-03-2009). "Taking another look at Voyager 1 images of Io". The Gish Bar Times. http://gishbar.blogspot.com/2009/03/taking-another-look-at-voyager-1-images.html. Consultado o 30-01-2010. 
  7. Perry, Jason (08-03-2009). "30th Anniversary of the Discovery of Volcanism on Io". The Gish Bar Times. http://gishbar.blogspot.com/2009/03/30th-anniversary-of-discovery-of.html. Consultado o 30-01-2010. 
  8. "Planetary Names: Fluctus, fluctūs: Masubi Fluctus on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3745. Consultado o 26-08-2010. 
  9. Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2001). "Io in the near infrared: Near-Infrared Mapping Spectrometer (NIMS) results from the Galileo flybys in 1999 and 2000". Journal of Geophysical Research 106 (E12): 33,053-33,078. DOI:10.1029/2000JE001463. 
  10. Phillips, Cynthia (07-10-1999). "Migrating Volcanic Plumes on Io". Planetary Image Research Laboratory. https://pirlwww.lpl.arizona.edu/wiki/missions/Galileo/releases/7Oct_masubichanges. Consultado o 30-01-2010. 
  11. Geissler, Paul (2003). "Volcanic Activity on Io During the Galileo Era". Annu. Rev. Earth Sci. 31: 175–211. DOI:10.1146/annurev.earth.31.100901.145428. 
  12. "Changes on Io". New Horizons: NASA's Pluto-Kuiper Belt Mission. 09-10-2007. http://pluto.jhuapl.edu/gallery/sciencePhotos/image.php?page=1&gallery_id=2&image_id=62. Consultado o 30-01-2010. 
  13. Simonelli, D. P.; e o seu equipo. (2001). "Regolith Variations on Io: Implications for bolometric albedos". Journal of Geophysical Research 106 (E12): 33,241-33,252. DOI:10.1029/2000JE001350. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]