Tupan Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tupan
Io Tupan Patera.jpg
Imaxe de Tupan Patera tomada pola Galileo en outubro do 2001.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 79,13 km km[1]
Profundidade 900 m[2]
Coordenadas 18,73° N 141,13° O[1]
Procedencia do nome Deus tupí-guaraní do trono.[1]

Tupan Patera é un patera ou cráter volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio oculto de Ío, nas coordenadas 18,73° N 141,13° O. Tupan é un cráter volcánico ou máis coñecido coma patera, un tipo de cráter volcánico semellante a unha caldeira, con 79 de diámetro medio e cunha profundidade duns 900 mts.[2] O volcán foi visto por primeira vez en imaxes de baixa resolución polas sondas Voyager no ano 1979, pero non foi detectada actividade volcánica ata a chegada da sonda Galileo.[3] Despois desta primeira detección, virían máis observacións e deteccións máis precisas por parte da propia Galileo, este volcán recibiría oficialmente o nome de Tupan Patera no ano 1997 por parte da Unión Astronómica Internacional, na mitoloxía Tupí-Guaraní, Tupan era o deus do trono.[1]

As observación adicionais da sonda Galileo co seu espectrómetro de mapeo no infravermello (NIMS) entre os anos 1996 e 2001 revelaron que Tupan é un volcán de cote activo, visible na meirande parte da observación feitas con NIMS do hemisferio oculto de Io.[4][5] A Galileo tomou imaxes en cor de alta resolución e tamén no espectro próximo ó infravermello de Tupan Patera durante o seu encontro do 16 de outubro do 2001. Estes datos revelaron lava de silicatos escura e morna, tanto no leste coma no oeste do chan do patera, con illas de material brillante e frío no centro.[2][5] Tamén foi observado material de cor tirando a vermella ó longo das marxes da illa brillante, así coma en brillantes planicies ó sueste do volcán. Isto é indicativo dunha pequena cadea do sulfuro emitido a través dos respiradoiros do chan do patera pola recente actividade volcánica.[2] A illa é máis ben unha enorme laxa, a cal esta perfilada con material escuro varado. Esta liña de material escuro pode se-lo resultado da lava que rechea o chan do patera, cando esta perde o gas ó ir arrefriando ou cando a lava volve a afundirse na cámara de magma. Alternativamente, a liña de material varado pode ser creada pola acción volcánica limitada ó longo dos bordes do patera. A mestura de materiais escuros e materiais laranxas-vermellos na parte occidental do volcán pode ser debido ó resultado da fusión do sulfuro procedente da illa central e da parede do patera, que cubrirían o material escuro desta área.[2] Esta teoría está apoiada nas temperaturas máis frías detectadas na parte occidental de Tupan, suficientemente frías para soporta-la fusión e solidificación do sulfuro, comparativamente coa moito máis escura parte oriental.[5] A morfoloxía de Tupan Patera podería ser concordante co que acontece cunha laxa que se está a exhumar a si mesma.[6]

Despois do último sobrevoo da sonda Galileo sobre Ío en xaneiro do ano 2002, Tupan permaneceu activo, isto foi detectado nas emisións termais do volcán vistas a través do telescopio terrestre Keck e pola sonda New Horizons.[7] Un gran erupción en Tupan foi detectada por astrónomos usando o telescopio de 10 mts. con óptica adaptativa do observatorio Keck o 8 de marzo do 2003.[8] A parte destas erupción, deuse máis actividade en Tupan durante a misión Galileo e que persistiría con posterioridade, tendo variacións episódicas na intensidade dentro do chan do patera, de xeito semellante, aínda que con niveis de enerxía máis baixo, a Loki Patera.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Patera, paterae: Tupan Patera on Io". USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/6135?__fsk=709463822. Consultado o 15-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Turtle, E. P.; e o seu equipo. (2004). "The final Galileo SSI observations of Io: orbits G28-I33". Icarus 169: 3–28. DOI:10.1016/j.icarus.2003.10.014. 
  3. Lopes-Gautier, Rosaly; e o seu equipo. (1997). "Hot spots on Io: Initial results from Galileo's near-infrared mapping spectrometer". Geophysical Research Letters 24 (20): 2,439-2,442. DOI:10.1029/97GL02662. 
  4. Lopes-Gautier, Rosaly; e o seu equipo. (1999). "Active Volcanism on Io: Global Distribution and Variations in Activity". Icarus 140: 243–264. DOI:10.1006/icar.1999.6129. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2004). "Lava lakes on Io: Observations of Io’s volcanic activity from Galileo NIMS during the 2001 fly-bys". Icarus 169: 140–174. DOI:10.1016/j.icarus.2003.11.013. 
  6. Keszthelyi, L.; e o seu equipo. (2004). "A Post-Galileo view of Io's Interior". Icarus 169: 271–286. DOI:10.1016/j.icarus.2004.01.005. 
  7. Spencer, J. R.; e o seu equipo. (2007). "Io Volcanism Seen by New Horizons: A Major Eruption of the Tvashtar Volcano". Science 318: 240–43. DOI:10.1126/science.1147621. 
  8. Conferencia : Volcanic Activity of Io Monitored with Keck-10m AO in 2003-2004, por F. Marchis e o seu equipo, San Francisco, California (2004), editada dentro do libro :American Geophysical Union, Fall Meeting.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]