Dazhbog Patera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dazhbog
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 118,39 km km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 55,1° N 301,48° O[1]
Procedencia do nome Deus eslavo do Sol.[1]

Dazhbog Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 118 kms de diámetro e está situado a 55,1° N 301,48° O. O nome de Dazhbog provén da mitoloxía eslava, onde Dazhbog era o deus do Sol, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979.[1]

Este volcán é difícil de diferenciar doutros volcáns e accidentes xeolóxicos en algunhas imaxes de Ío. En imaxes tomadas pola sonda Voyager, nestas imaxes a caldeira é bastante prominente cun vermello escuro no chan do cráter e un halo escuro ó redor da propia caldeira. Pero nas imaxes de sonda Galileo custa moito dicir onde está o volcán. Unha teoría podería ser que o volcán estivese inactivo, e coma en xullo do 1998, o Telescopio Hubble detectou un punto quente en Dazhbog,[Cómpre referencia] entón poderían aparecer variacións acusadas entre imaxes de cando o volcán estaba inactivo e de cando estivese activo.

Dazhbog Patera (imaxe da dereita)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]