Stenodus nelma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stenodus nelma

Stenodus nelma,
pescado no curso medio do río Obi
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Coregoninae
Xénero: Stenodus
Especie: S. nelma
Nome binomial
Stenodus nelma
(Pallas, 1773)
Sinonimia
Véxase o texto

Stenodus nelma é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos, unha das dúas comprendidos no xénero Stenodus.[2][3][4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A eslopecie foi descrita en 1773 polo médico, zoólogo e botánico alemán, que traballou en Rusia, Peter Simon Pallas, baixo o nome de Salmo nelma.[2][3][4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñecuese tamén polos sinónimos:[2][3][4]

  • Salmo nelma Pallas, 1773 (protónimo)
  • Stenodus leucichthys nelma (Pallas, 1773)

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Stenodus nelma foi considerada anteriormente como unha subespecie de Stenodus leucichthys (Stenodus leucichthys nelma). Stenodus leucichthys é unha especie euroasiática restrinxida á conca do mar Caspio, e hoxe extinta en estado salvaxe, pero que continúa viva en catividade.[1][5]

Distribución[editar | editar a fonte]

Stenodus nelma é unha especie de peixe anádromo que está moi estendida nos ríos árticos, desde a península de Kola (conca do mar Branco) cara ao leste a través de Siberia até o río Anádyr, e tamén nas concas norteamericanas dos ríos Yukón e Mackenzie,[1][6][7] pero as súas poboacións están diminuíndo nalgúnhas destas zonas pola sobrepesca (é unha especie comercial) e a polución.[1]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Stenodus nelma habita na zona peláxica do mar con salinidade de até 20 ppt. Vive en ríos grandes e lagos das terras baixas. Prefire augas frías con temperaturas inferiores aos 16 °C. Aliméntase e inverna nos tramos máis baixos dos grandes ríos, deltas, rías e mar, ás veces lonxe da costa. Anádromo ou semianádromo, emprende a migración para desovar nos ríos, movéndose río arriba até longas distancias. As poboacións dos lagos migran cara aos afluentes. Os xuvenís depredan pequenos crustáceos, larvas de insectos e peixes pequenos, pasando a ser exclusivamente piscívoros cando alcanzan uns 30 cm de lomxituide. Aliméntase activamente de todos os peixes dispoñíbeis. A desova ten lugar en augas pouco profundas (de 2 a 3 m) con fondos de area e grava.[6]

Ameazas[editar | editar a fonte]

A especie está localmente ameazada pola sobrepesca e a contaminación.[1]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que é unha especie moi estendida, e aínda que as poboacións nos ríos europeos e siberianos están a diminuír debido á sobrepesca e á contaminación, pero non a un ritmo que permita cualificar a especie como ameazada ou case ameazada, polo que cualifica o seu staus como LC (pouco peocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Freyhof, J. & Kottelat, M. (2008). Stenodus nelma na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 15 de marzo de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) no WoRMS. Consultado o 15 de marzo de 2022.
  3. 3,0 3,1 3,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) no GBIF. Consultado o 15 de marzo de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 Stenodus nelma (Pallas, 1773) na BioLib. Consultada o 15 de marzo de 2022.
  5. Belyaeva, E. S.: "Stenodus leucichthys leucichthys" en caspianenvironment.org. Arquivada desde o orixinal o 3 de xullo de 2013. Consultada o 15 de marzo de 2022.
  6. 6,0 6,1 Kottelat & Freyhof 2007.
  7. Froese & Pauly 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]