Sinfonía concertante para violín e viola (Mozart)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en Mi bemol Maior, K. 364/320d, é unha sinfonía concertante composta por Wolfgang Amadeus Mozart en 1779.

Historia[editar | editar a fonte]

No momento da súa composición en 1779, Mozart estaba a realizar unha viaxe por Europa que incluía Mannheim e París. As complexas dinámicas orquestrais da composición reflicten as cada vez maiores capacidades técnicas da orquestra europea naquel momento e estaba fortemente infuído pola súa visita á orquestra da corte de Mannheim durante a súa viaxe de 1777 a 1779. Mozart estivera experimentando co xénero da sinfonía concertante, e esta obra pode considerarse como o exemplo máis notable deste xénero a medio camiño entre a sinfonía e o concerto.

Análise musical[editar | editar a fonte]

Instrumentación[editar | editar a fonte]

A obra, para violín e viola solistas, require da utilización de:[1]

Instrumentación da Sinfonía Fantástica
Madeiras
2 óboes
Metais
2 trompas
Cordas
Violíns (I e II), violas (I e II), violonchelos e contrabaixos

A parte solista da viola está escrita en Re Maior en lugar de en Mi bemol Maior, e o instrumento é afinado un semitono ascendente (técnica de scordatura) para lograr un son máis brillante.[2] Esta técnica é infrecuente cando se interpreta na viola moderna e se emprega principalmente en execucións con instrumentos orixinais.

Estrutura[editar | editar a fonte]

A obra consta de tres movementos:

  1. Allegro maestoso, en compás de compasillo.
  2. Andante, en compás de 3/4, en Dó menor.
  3. Presto, en compás de 2/4.

Influencia[editar | editar a fonte]

Esta sinfonía concertante influíu en moitos arreglistas que empregaron os seus temas. En 1808, foi publicado por Sigmund Anton Steiner un arranxo da obra para o sexteto de corda Grande Sestetto Concertante. As seis partes están divididas do mesmo xeito nos seus seis executantes, que se presentan como solistas con acompañamento. A obra ten sido tamén arranxada para violonchelo interpretando a parte da viola.

As dúas frases iniciais de The Windmills of Your Mind, unha canción pertencente á banda sonora da película O caso de Thomas Crown (1968), tomáronse do inicio do segundo movemento da Sinfonía concertante.

A Sinfonía concertante é menciona na novela Sophie's Choice (1979) de William Styron, logo de que un estraño abusa de Sophie no metro, escoita a peza na radio, que lle trae recordos da súa infancia en Cracovia e a saca repentinamente da súa depresión.

Empregáronse variacións do segundo movemento para a banda sonora da película Drowning by Numbers (1988) de Peter Greenaway, composta por Michael Nyman. Esta música reaparece despois de cada afogamento no guión.

O compositor e contrabaixista estadounidense Edgar Meyer estaba tan interesado nesta obra que en 1995 escribiu un dobre concerto para contrabaixo, violonchelo e orquestra que, aínda que é moi diferente no que respecta ao estilo, presenta unha estrutura moi similar á Sinfonía concertante de Mozart.

O movemento andante aparece tamén en Uzak, unha película do 2002 dirixida por Nuri Bilge Ceylan.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mordden, Ethan: A Guide To Orchestral Music: A Handbook for Non-Musicians. Nova York: Oxford University Press, 1980. (Google Libros)
  • Smith, Erik: Notes to Mozart Sinfonia Concertante K.364. L. P. DECCA, 1964.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]