Sikorsky S-76

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sikorsky S-76
Pesca 1 en Vigo dende a cuberta 6 do Grand Voyager.jpg
Sikorsky S-76C+ Pesca 1 en agosto de 2010.
Tipo Helicóptero
Fabricante Sikorsky
Primeiro voo 1977
Estado En servizo
Principais usuarios O redor de 30 países

O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk.

Usuarios[editar | editar a fonte]

Son usuarios do modelo, servizos de preto de 30 países, entre eles os gardacostas da Xunta e o Exército do Aire español, sendo España e Xapón dos poucos países nos que se lle dan os dous usos, o civil e o militar.

A versión militar opera, polo menos, en Arabia Saudí, Arxentina, Emiratos Árabes, España (8 unidades), Guatemala, Honduras, Iraq, Tailandia e Xapón.

As versións civís voan, polo menos, en Australia, Brasil, Canadá, China, Estados Unidos, Galicia, Macau, México, Nova Zelandia, Panamá, Reino Unido, Serbia, Suecia, Taiwán, Trinidad e Tobago e Xapón.

O S-76 en Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia teñen a súa base, dende 2005,[1] dúas unidades S-76C+ do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o Pesca 1 (matrícula EC-JES) con base en Vigo e o Pesca 2 (EC-JET) con base no Heliporto Costa Norte de Viveiro.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sikorsky S-76 Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]