Sergio Daniel Martínez
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Sergio Daniel Martínez Alzuri | ||
| Nacemento | 15 de febreiro de 1969 (44 anos) | ||
| Lugar | Montevideo, Uruguai | ||
| Altura | 1,72 m. | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1986–1990 | Defensor | 29 | (16) |
| 1991–1992 | Peñarol | 37 | (12) |
| 1992–1997 | Boca Juniors | 137 | (80) |
| 1997–1999 | Deportivo da Coruña | 3 | (0) |
| 2000–2001 | Nacional | 40 | (19) |
| Selección nacional | |||
| 1988–1997 | Uruguai | 35 | (5) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Sergio Daniel "Manteca" Martínez Alzuri, nado en Montevideo o 15 de febreiro de 1969, é un ex futbolista uruguaio. Xogaba de dianteiro e especialmente relevante foi a súa estadía no Boca Juniors, onde foi ídolo e marcou 87 goles. Foi internacional coa selección uruguaia.
Índice |
Traxectoria[editar]
Debutou no Defensor Sporting de Uruguai o 16 de outubro de 1986 contra o Central Español (1–1). Neste club foi onde tamén onde se formou nas categorías inferiores e actuou como profesional durante catro anos (1986-1990). A continuación pasou ao CA Peñarol, tamén de Uruguai, onde marcou 20 tantos, até que chegou a Boca Juniors (Arxentina) en 1992, onde anotou 87 goles (sétimo goleador na historia do club) e se consagrou campión nun campionato local e unha Copa Sudamericana. Continuou a súa carreira en España xogando para o Deportivo da Coruña desde 1998. Até que pasou ao Nacional de Montevideo no 2000, onde xogou até o seu retiro profesional en 2001, gañando os títulos de Primeira División en ambas tempadas.
Selección nacional[editar]
Martínez xogou 35 partidos coa Selección uruguaia e marcou 5 goles.[1] Foi campión da Copa América en 1995 en cuxa final marcou o gol decisivo na definición por penaltis frente a Brasil. Tamén participou na Copa do Mundo de Italia 90.