Sapo común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sapo común
Exemplar en Telč, República Checa
Exemplar en Telč, República Checa
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Xénero: 'Bufo'
Especie: ''B. bufo''
Nome binomial
''Bufo bufo''
(Linnaeus, 1758)
Distribución da especie

Distribución da especie
Sinonimia

O sapo común (Bufo bufo) é un anuro moi habitual en toda clase de hábitats europeos, sobre todo naqueles con certo grao de contaminación, como balsas de rega, estanques, etc. Distribúese por toda Europa agás Irlanda e algunhas illas mediterráneas. É un dos anuros máis coñecidos, dada a súa distribución e requirimentos ecolóxicos laxos.

Un feito curioso que poucos coñecen é a capacidade dos sapos de atraer presas movendo un dos dedos das súas patas traseiras coma se dunha miñoca se tratase.

O sapo na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Crese que o sapo é un animal pezoñento e que a mucosidade da súa pel, o seu cuspe e mesmo os ouriños son tóxicos para quen os toque. Dise que ese mexo pode cegar a quen o recibe ou provocarlle bochas na pel (mal do coxo ou mal do goxo).

Tamén é quen de botar un mal de aire denominado especificamente mal de sapo. O Domingo de Ramos era tradición bendeci-las leiras cunha póla de oliveira e auga bendita, para expulsa-los posibles seres maléficos:

Sapos e ratos,/ bruxas e meigas,/ fóra das miñas veigas.

Pero tamén entran na terapéutica popular, e así pretendíase cura-la reuma refregando cun sapo a articulación dolorida. Colgando do pescozo dunha parturienta unha bulsa con dous sapos vivos, evitábanse as hemorraxias tralo parto. Para cura-las anxinas a un rapaz era bo colocarlle na gorxa un sapo aberto.

Os ollos dun sapo formaban parte do remedio para cura-lo tangaraño dos nenos (raquitismo):

A nai unha bulsa/ colgoulle ó pescozo con escapularios,/ medallas e figos/ a pel dunha cobra e os ollos dun sapo.