Santi Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santi Millan.jpg

Santiago Millán Montes, nado en Barcelona o 13 de setembro de 1968, é un actor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Catalán mais de pais andaluces, estudou no Institut del Teatre de Barcelona. Costeouse os estudos traballando nun matadoiro.

Ós 18 anos, foi cofundador de LACOMPAÑIAESGRATA, unha compañía de teatro na que un grupo de amigos escribía e improvisaba pequenas pezas cómicas. Posteriormente incorporouse a La Cubana, unha compañía teatral, coa que realizou xiras por toda España e tamén programas de televisión, series e especiais. Estivo ligado a ela durante máis de dez anos e coincidiu con José Corbacho.

Comezou en televisión na autonómica catalá TV3, onde participou en numerosos programas de humor e series. Pero o seu debut televisivo foi en TVE no programa El día por delante en 1989, conducido por Pepe Navarro,

Máis tarde, a produtora GloboMedia ofreceulle un papel destacado na serie Periodistas (serie de televisión). Debido á aceptación do seu personaxe, Santi Millán puido incorporarse unha vez rematou Periodistas ó elenco de intérpretes de 7 vidas, na que encarnou a Sergio, o mozo de Vero (Eva Santolaria) e irmán de Pablo (Leandro Rivera).

Simultaneou o seu traballo nesta serie coa súa participación nos programas da produtora El Terrat, entre eles Buenafuente presentado polo seu amigo Andreu Buenafuente.

A popularidade adquirida no medio televisivo permitiulle iniciar unha carreira no cinema con títulos como Vivancos 3 (2003) ou Dí que sí (2004). Nesta etapa tamén participou en varios programas de El club de la comedia.

En 2005 Ventura Pons chamouno para o seu primeiro papel serio en Amor idiota (Ventura Pons 2005).

Encadeou esta rodaxe coa de Va a ser que nadie es perfecto (Joaquín Oristrell, 2006), na que traballou con outro actor que compaxinou o seu traballo en televisión cunha carreira cinematográfica: Fernando Tejero.

No verán de 2006 estreou a serie Divinos para Antena 3 e que protagonizaba xunto a Paula Vázquez, un proxecto que non tivo audiencia e foi retirado da programación.

Na actualidade colabora de novo con Andreu Buenafuente no seu programa de late night en Antena 3.

Ten un fillo, Marc, (nado en 2005) coa súa compañeira Rosa Oluche.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Cómeme el coco negro (1989-1991) con La Cubana.
  • Cubanas a la carta (1990). Espectáculo de rúa con La Cubana.
  • Cubana Maratón Dancing (1992) con La Cubana.
  • Cegada de amor (1993-1998) con La Cubana.
  • Cincohombres.com (2001).
  • Ustedes se preguntarán como he llegado hasta aquí (2001).
  • Comando a distancia (2003).
  • Hombres, mujeres y punto.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Conseguiu que Bono dixese un, dos, tres, quince no canto de un, dos, tres, catorce na canción Vertigo nun concerto en Chicago para o programa Buenafuente.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Unión de Actores.
  • Candidato ó premio de mellor actor secundario de televisión por 7 vidas (2004, 2005).
  • Fotogramas de Prata.
  • Candidato ó premio de mellor actor de televisión (2004).
  • Candidato ó premio de mellor actor de cinema (2005).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]