Buenafuente (televisión)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Buenafuente.
Buenafuente é un programa de televisión español pertencente ao xénero coñecido como "late show", conducido polo humorista catalán Andreu Buenafuente e producido por El Terrat.
Emítese nas noites dos martes, mércores e xoves da canle privada Antena 3, desde o 11 de xaneiro de 2005, e continúa a liña doutros programas de Andreu Buenafuente como La Cosa Nostra e Una Altra Cosa.
Grávase, emitíndose parcialmente en directo, nun plató con público na provincia de Barcelona. A súa primeira tempada finalizou o 30 de xuño de 2005 e a segunda comezou o 13 de setembro de 2005.