Paula Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paula Vázquez
Nacemento26 de novembro de 1974
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentadora de televisión, modelo, actriz e xornalista
Na rede
http://www.paulavazquez.com/
IMDB: nm1074601 Allocine: 246001
Twitter: PaulaVazquezTV Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Paula Vázquez Picallo, nada en Ferrol o 26 de novembro de 1974, é unha actriz, presentadora de televisión e modelo galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nos anos 80 trasládase coa súa familia a Barcelona, onde comeza a súa carreira profesional como modelo e azafata.[1] A súa primeira aparición televisiva é como azafata no popular programa Un, dos, tres. A partir dese comezo en TVE chegaron programas como La vuelta de la fama, No te olvides el cepillo de dientes, La noche de los magníficos, El Rastrillo, Inocente, Inocente ou o Luar da TVG.

Tras esta primeira etapa na televisión, incorpórase á serie Canguros, na que filma corenta capítulos. Interveu en dúas películas: Huele bien e Últimas vacaciones. O currículum da ferrolá complétase coa presentación de espazos como El juego del euromillón ou Gran Hermano 3, así como a retransmisión das badaladas de Fin de Ano en Telecinco, entre outros.

En 2005, tras conducir La isla de los famosos e copresentar dende o Amazonas La selva de los famosos, guía o programa Aventura en África, todos eles de Antena 3.

En 2006 probou sorte con ¿Cantas o qué? un formato que non tivo o éxito agardado e foi retirado moi pouco despois da súa estrea.

En decembro de 2006 volveu a Televisión Española, estreándose no aniversario da Gala 50 anos de TVE como presentadora xunto a Laura Valenzuela e Anne Igartiburu. En 2007 presenta o programa Misión Eurovisión, en que se pretende seleccionar aos representantes de España no concurso de Eurovisión.

En xaneiro de 2008 incorpórase a Cuatro para presentar o reality Fama, ¡a bailar! do cal presentou todas as súas edicións de 2007 a 2010. O grande éxito cultivado por este programa logrou incrementar a media da cadea ata conseguir a súa marca histórica, situándose como o programa máis visto de Cuatro en moitas ocasións. En setembro de 2008 estreou Pekín Express, un reality de aventuras do cal só presentou a primeira edición.

Tras realizar distintos pilotos para Mediaset España que foron descartados, Paula Vazquez foi fichada en novembro de 2011 por Antena 3. O 26 de marzo de 2012 estreou nesa cadea o talent show El número uno.

Televisión[editar | editar a fonte]

Como azafata[editar | editar a fonte]

Como presentadora[editar | editar a fonte]

Como actriz[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Paula Vázquez". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Paula Vázquez - Awards
  3. "Gallego del Mes. Galardones del 2001". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Paula Vázquez, nueva presentadora de Antena 3
  5. "Lycos premia a los más buscados". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  6. Imanol Arias, Paula Vázquez, Martín Rivas recibirán el Camaleón de Honor

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]