Santiago Segura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Segura
Santiago Segura.jpg
Santiago Segura
Nacemento Santiago Segura Silva
17 de xullo de 1965 (49 anos)
Madrid, Madrid Comunidade de Madrid
Profesión actor, guionista, produtor e director
Cónxuxe(s) María
Fillo(s) Calma Segura
Ficha na IMDb

Santiago Segura é un actor, guionista, produtor e director de cine español nado en Madrid o 17 de xullo de 1965.

Biografía[editar | editar a fonte]

Intérprete de extensa traxectoria profesional, é coñecido por todos grazas ó seu personaxe de Torrente, ó que interpretou ata o de agora en 3 películas dirixidas por el que se converteron en auténticos éxtitos de taquilla.

Á marxe disto, destacan na súa filmografía outros traballos coma El día de la bestia ([1995]), de Álex de la Iglesia; La buena vida (1996), de David Trueba; Airbag (1997), de Juanma Bajo Ulloa; La niña de tus ojos (1998), de Fernando Trueba; Muertos de risa (1999), de Álex de la Iglesia; París Tombuctú (1999), de Luis García Berlanga; El oro de Moscú (2003), de Jesús Bonilla ou Isi & Disi (2004), da que acaba de estrear unha secuela en 2006, entre outras moitas.

Tamén colaborou con pequenos papeis secundarias nas producións americanas Two Match (coprodución española dirixida por Fernando Trueba en 1992) e Blade II (2002), de Guillermo del Toro. Unha das súas próximas estres será Astérix y los Juegos Olímpicos, onde tamén interveñen os actores españois Fernando Tejero e Elsa Pataky.

En televisión destacan as súas intervencións nas series Canguros (Antena 3, 1995) con Maribel Verdú e Petra Delicado (Telecinco, 1999), que protagonizou xunto con Ana Balén. Ten participado así mesmo en numerosos espazos televisivos como invitado para promocionar as súas películas.

Ten no seu haber, entre outros galardóns, tres Premios Goya á mellor dirección Nobel, mellor actor e mellor curtametraxe de fición.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]
Dobraxe[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Personaxes fixos ou recorrentes[editar | editar a fonte]
Colaboracións[editar | editar a fonte]
Entrevistas[editar | editar a fonte]
Outros[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Como guionista[editar | editar a fonte]

Como produtor[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Unión de Actores[editar | editar a fonte]

Festival Internacional de Cinema de Comedia de Peñíscola[editar | editar a fonte]

Fotogramas de prata[editar | editar a fonte]

Fant-Asia Film Festival[editar | editar a fonte]

Premios do Cine Europeo[editar | editar a fonte]

Premios Calabuch[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]