Sabrina Gonzalez Pasterski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabrina Gonzalez Pasterski

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Illinois Mathematics and Science Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAndrew Strominger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísica , autora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBoeing Phantom Works (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaInglés estadounidense Editar o valor em Wikidata

Páxina webphysicsgirl.com Editar o valor em Wikidata

Sabrina Gonzalez Pasterski, nada o 3 de xuño de 1993, é unha física estadounidense que estuda física de partículas. Completou os seus estudos de licenciatura no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e despois recibiu o seu doutoramento en física pola Universidade de Harvard en 2019.[1] [2] [3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1998, matriculouse no Edison Regional Gifted Center e asistiu á Academia de Matemáticas e Ciencias en 2010.[4]

Sabrina González (á esquerda) en 2006.

Sabina Gonzalez Pasterski ten unha paixón pola aviación, tanto que tomou a súa primeira clase de voo aos dez anos, co-pilotou o FAA1 no Salón Aeronáutico de Oshkosh aos doce[5] e comezou a construír un avión cun kit aos trece.[6] O seu primeiro voo en solitario foi con ese avión do kit en 2009 despois de ser asinado polo seu instrutor de voo Jay Maynard.

Afirmou que os seus referentes científicos son Leon Lederman, Dudley Herschbach e Freeman Dyson, e afirmou que se sentiu atraída pola física grazas a Jeff Bezos.[7] Recibiu ofertas de traballo de Blue Origin, empresa aeroespacial fundada por Amazon.com, e da NASA.[8]

Como estudante de segundo (sophomore), traballou no experimento CMS no Large Hadron Collider.[9] Despois de licenciarse, realizou o seu doutoramento en física de altas enerxías baixo a supervisión de Andrew Strominger,[10] producindo traballos que levaron ao descubrimento do efecto memoria de spin, no contexto dos efectos memoria das ondas gravitacionais, e dos efectos da memoria electromagnética, completando o chamado triángulo Pasterski-Strominger-Zhiboedov, citado tamén por Stephen Hawking en 2015. Recibiu o seu doutoramento na Universidade de Harvard en maio de 2019.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sabrina Pasterski, 21 - 2015-01-20 - 2015 30 Under 30: Science". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  2. "Questa millennial potrebbe essere l'erede di Albert Einstein". HuffPost Italia (en italiano). 2018-03-28. Consultado o 2023-07-26. 
  3. 3,0 3,1 Software, WebEasy Professional Avanquest. "PhysicsGirl.com2". physicsgirl.com (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  4. "every-physicist-should-learn-to-ride-a-motorcycle-sabrina-pasterski-10-profiled-by-chicago-tribune". imsa.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  5. "Sabrina". www.tc.faa.gov. Consultado o 2023-07-26. 
  6. 6,0 6,1 mwflyer. "Wondering Where The Future of Aviation Is? Wonder No More! Meet Ms. Sabrina Gonzalez Pasterski ; Midwest Flyer – General Aviation Magazine". midwestflyer.com (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  7. "30 under 30: A Teenage Pilot and Aspiring Physicist". Scientific American (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  8. "We are Hearst". www.hearst.co.uk (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Lindau - Sabrina Pasterski" (en inglés). 
  10. "Sabrina Pasterski". hetg.physics.harvard.edu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  11. "#orloff". MIT.edu. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  12. "forbes-30-under-30". slice.mit.edu. 8 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  13. "fellows". hertzfoundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2023. 
  14. "30 Under 30 2017". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  15. published, Brooke Hauser (2016-12-12). "The Unstoppables: Meet the Winners of Our First-Ever Young Women's Honors". Marie Claire Magazine (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  16. "william-shatner-buzz-aldrin". SVComicCon.com (en inglés). 
  17. "El año de Google en búsquedas". Google Trends (en castelán). Consultado o 2023-07-26. 
  18. "30 Under 30 2018: Science". Forbes (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 
  19. "100-visions-of-the-future". Genius100visions.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]