Massachusetts Institute of Technology

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "MIT")
Great Dome, Massachusetts Institute of Technology, Cambridge MA.jpg

O Massachusets Institute of Technology -ou simplemente MIT- considérase como a institución máis prestixiosa do mundo no referente á educación científica e tecnolóxica. O MIT está situado na cidade de Cambridge no estado de Massachusetts, preto de Boston, nos Estados Unidos.

Historia[editar | editar a fonte]

O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts foi fundado no 1861 polo xeólogo William Barton Rogers que desexaba crear un novo tipo de institución educacional independente dedicada á crecente industrialización dos Estados Unidos.

A apertura do instituto foi atrasada pola Guerra Civil nos Estados Unidos, e acolleu aos seus primeiros estudantes no 1865. Nos seguintes anos, estableceu unha reputación de primeira nas ciencias e enxeñería, pero caeu en dificultades económicas. Estes dous factores facían parecer favorable a idea de fusionala ca Universidade Harvard, que tiña moitos cartos, pero tiña carencias en ciencias comparadas cás letras e artes liberais. No 1904 o presidente Henry S. Pritchett reuniuse con Charles W. Eliot, presidente de Harvard para levar a cabo a fusión. Pero finalmente as protestas dos alumnos fixeron que se cancelase. No 1916, o MIT moveuse ó longo do río desde a súa localización en Boston’s Back Bay ata a súa posición actual en Cambridge, Massachusetts.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Instituto Tecnolóxico de Massachusetts