Roberto Álvarez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Álvarez Fernández
Biografía
Nacemento25 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata
Gozón, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2019 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Gozón, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de febreiro de 1995 – 9 de xaneiro de 1996
← Ventura Pérez Mariño

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcalde de Cervo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Roberto Álvarez Fernández, nado en Gozón (Asturias)[1] o 25 de abril de 1955 e finado neste mesmo municipio o 16 de agosto de 2019[2][1][3], foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Operador de control de INESPAL, trasladouse a Cervo para traballar na fábrica desta empresa en San Cibrao. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cervo e foi portavoz do grupo na oposición. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou novamente a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde ó obter maioría simple, gobernando en minoría. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nese mandato produciuse o proceso de segregación de Burela do concello de Cervo, o cal culminou en decembro de 1994.

Foi deputado no Congreso na V Lexislatura (1993-1996), dende febreiro de 1995 ata xaneiro de 1996, substituíndo ao xurista Ventura Pérez Mariño. Nas municipais de 1995 volveu a ser reelixido alcalde con maioría absoluta.

En 1999 foi superado por un estreito marxe polo PPdeG, se ben tiña a opción de conervala alcaldía co apoio dos 2 concelleiros do BNG. Porén, a negativa dun deles a apoiala súa continuidade supuxo que os populares asumisen a alcaldía como lista máis votada. En 2003 foi denunciado por malversación de fondos públicos e prevaricación polo PPdeG, pero foi exculpado pola Audiencia de Lugo en 2007[4]. Tras deixa-la política activa, reincorporouse ao seu posto en Alcoa-San Cibrao como operador de control.

Dende 2004 ata o seu falecemento en 2019 residiu en Gozón, onde participou na vida da agrupación local do Partido Socialista nese municipio.


Predecesor:
Marcelino Andía
 
Alcalde de Cervo
 
1987 - 1999
Sucesor:
José Ínsua Pernas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.