Inespal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inespal, Industria Española del Aluminio, foi unha industria de participación pública, filial do INI, adicada á fabricación de aluminio, fundada en 1958[1]. Foi vendida a Alcoa, converténdose en Alcoa-Inespal.

 Terreos da factoría de S. Cibrao
Terreos da factoría de San Cibrao

En Galicia tivo instalacións na Coruña e San Cibrao. A planta de San Cibrao situouse en terreos de dous concellos, Cervo e Xove, arrincando as súas 512 cubas de electrolise o 3 de xuño de 1977.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alcoa Inespal". Bloomberg. Consultado o 3/06/2017. 
  2. "40 años del arranque de las cubas de electrolisis en San Cibrao". 3/06/2017. Consultado o 3/06/2017.