Ricardo Mella Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Mella Serrano
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Sevilla, España Editar o valor em Wikidata
Morte1958 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil
Civil governor of Jaén (en) Traducir
Civil governor of the province of Alicante (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRicardo Mella Editar o valor em Wikidata
IrmánsUrania Mella Editar o valor em Wikidata

Ricardo Mella Serrano, nado en Sevilla o 11 de novembro de 1889 e morto no exilio en Caracas en 1958[1], foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do pensador anarquista Ricardo Mella e irmán da tamén política e feminista Urania Mella, foi militante do PSOE e ocupou diversos cargos dentro da súa executiva, tanto da local coma da nacional. Fundou en Vigo no 1917 o semanario de carácter socialista La Linterna.[2]

Foi vicepresidente do Celta,[3][4] e autor do primeiro deseño do Estadio de Balaídos[5] Tamén colaborou co seu pai no proxecto dos tranvías da cidade.[6]

Foi nomeado gobernador civil de Xaén no 24 de agosto do 1937,[7] cargo que exerceu ata maio do 38,[8] e trasladado ao mesmo posto a Alacant ata marzo do 39.[9][10] Derrotada a República, tivo que fuxir a Francia e desde alí pasou á República Dominicana,[11] onde dirixiu a revista Nuevo Rumbo. Marchou cara a Venezuela ao ter problemas coa ditadura de Trujillo, onde formou parte da Agrupación de Socialistas Españoles en Venezuela, da que foi botado no agosto do 1946 ao ser partidario de Negrín.[12] Finou en Caracas no 1958.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CAPITULO-XI Apéndice bibliográfico, capítulo XI da edición de Vladimiro Muñoz de Forjando un mundo libre de Ricardo Mella Cea". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  2. "Linterna, La". Enciclopedia Galega Universal. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 01 de marzo de 2012. 
  3. Hemeroteca do ABC
  4. El Orzán: diario independiente, Ano X, número 2834, 22 xulio do 1927 Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
  5. Lamas, Jorge (30 de decembro de 2008). "Balaídos cumple hoy 80 años". La Voz de Galicia. 
  6. "María Álvarez-Blázquez Fernández O tranvía en Vigo". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2000. Consultado o 01 de marzo de 2012. 
  7. Decreto no BOE
  8. Hemeroteca do ABC
  9. Decreto no BOE
  10. Solidaridad Obrera: A.I.T. Órgano del movimiento libertario español en Francia Ano XIV, número 682 - 17 abril 1958. Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
  11. Páxina dos Movimientos migratorios Iberoamericanos da Secretaría de Estado de Cultura.
  12. "Dicionario Biográfico do Socialismo Español" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2019. Consultado o 02 de marzo de 2012.