Raúl García de Loza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl García de Loza
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro de fútbol , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Raúl García de Loza, nado en Lugo o 27 de xullo de 1946[1][2] ou 1947[3], é un antigo árbitro de fútbol e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de Telefónica, en 1975 ascendeu como árbitro á Segunda división, onde permaneceu durante cinco temporadas e arbitrou 56 partidos. o 21 de setembro de 1980 debutou en Primeira División de fútbol masculino de España como árbitro principal, asubiando un Murcia-Zaragoza que rematou con vitoria visitante[4]. Na súa etapa como árbitro de primeira liña foi moi coñecido pola polémica e chegou a ser sancionado pola Federación Española de Fútbol polas súas decisións erróneas e por facer declaracións aos medios en que opinaba de fútbol ou de posibles resultados[5][6]. En 1990 chegou a arbitrar a final de Copa do Rei, que naquela edición enfrontara a FC Barcelona e Real Madrid, e que tamén se viu envolto na polémica polo elevado número de cartóns amosados[7] e ao ano seguinte o partido final da Liga onde o Real Madrid caera derrotado en Tenerife e a Liga fora ás mans do FC Barcelona.

A pesar de chegar a ser árbitro internacional, non foi seleccionado para ningúns dos torneos máis importantes de seleccións, como a Eurocopa masculina ou o Mundial masculino. Ao retirarse ao remate da temporada 1993-94, cun Sevilla-Albacete, García de Loza asubiara 160 partidos en Primeira división, ademais de dous partidos do que daquela se chamaba Copa da UEFA. O partido máis importante arbitrado por García de Loza foi o disputado para o terceiro e cuarto posto entre as seleccións de fútbol feminino de Dinamarca e Italia, na Eurocopa feminina de 1991.

Residente na Coruña, nas eleccións municipais de 1999 presentouse nas listas do PP e saíu elixido concelleiro, se ben non chegou a desempeñar ningunha concellería e permaneceu na oposición durante catro anos. Unha década máis tarde, en 2014, e xa vivindo en Santiago de Compostela, recrutouno o alcalde Ángel Currás como concelleiro non electo para ocuparse da área de Deportes[8], logo de que o PP perdese unha gran cantidade de concelleiros acusados de prevaricación. Currás foi substituído por Hernández, e García de Loza seguiu como concelleiro de deportes ata as eleccións de 2015. Non integrou a lista dos populares na seguinte convocatoria.

Desde a década dos noventa García de Loza ten participado en distintos programas futbolísticos de televisión e radio, como experto arbitral.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 236. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Eiroa, Eduardo (28 de outubro de 2007). "«Tener a Maradona a un metro de distancia era una maravilla»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  3. Raúl García de Loza, ficha en BDFutbol (en inglés)
  4. "Murcia - Zaragoza (0 - 1) 21/09/1980". www.bdfutbol.com. Consultado o 2019-01-15. 
  5. Paradinas, Juan José (1986-04-11). "García de Loza, un árbitro polémico". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-15. 
  6. Vivanco, Joseba (9 de abril de 2016). "García de Loza, la policía... y el héroe de San Mamés". Naiz (en castelán). 
  7. Barreiros, Pedro (2016-05-09). "García de Loza: «Tenía esperanzas de ir a la Eurocopa o al Mundial, pero me salió un churro»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-01-15. 
  8. "El exárbitro García de Loza, nuevo edil de Deportes". El Progreso de Lugo (en castelán). 5 de xuño de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]