Río Isar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isar
Isar fg01.jpg
Isar perto de Garmisch
País Austria, Alemaña
Rexión n/d
Nacemento Karwendel
Altitude n/d
Lonxitude 295 km
Caudal medio 312 m3/s
Conca 8.370 km2
Desembocadura Río Danubio

O Isar é un río, afluente do Danubio, pola súa man dereita, con 295 km de percurso, na súa maior parte por Alemaña, salvo no curso superior, por Austria. Pola súa lonxitude é o cuarto dos ríos bávaros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Isar nace en Karwendel, na rexión do Tirol, Austria, para marcar logo a fronteira entre ese país e a Alemaña, en Scharnitz e Mittenwald. Entra logo en Baviera, onde atravesa as cidades de Bad Tölz, Múnic (München), Freising, Moosburg, Landshut, Dingolfing, Landau an der Isar e Plattling, para desaugar en fronte de Deggendorf, no Danubio, a 312 msnm. O desnivel do río atinxe así arredor de 848 m.

É un típico río con curso alto de vales encaixados entre montañas, e un curso medio e inferior no que as augas corren máis tranquilas entre amplos vales e chairas. Logo de abandonar os Alpes Bávaros en Bad Tölz, o Isar flúe en medio dunha paisaxe de morrenas glaciares, antes de abrir o val de Múnic. Prosegue desde Freising entre outeiros do terciario cara o val do Danubio.

A súa conca abranxe un total de 8370 km2.

Illas[editar | editar a fonte]

A maioría das pequenas illas e bancos de area mudan de aspecto e tamaño segundo os fluxos anuais. Algunhas das illas xunto as maiores cidades foron creadas artificialmente durante o século XIX, para protexeren as marxes urbanas contra o poder abrasivo das augas. Entre elas cómpre salientar a Museuminsel (Illa do Museo), onde se localiza o Deutsches Museum (Museo Alemán) de Múnic, anteriormente denominada Kohleninsel (Illa do Carbón); a Praterinsel, tamén en Múnic, e a Mühleninsel (Illa do Muíño) en Landshut.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Ten varios importantes afluentes, especialmente pola esquerda, dos que cómpre citar:

O río na arte[editar | editar a fonte]

A máis antiga representación do Isar aparece un motivo relixioso. Un descoñecido autor pintou un "Martirio do Apóstolo Santiago", na igrexa, sob advocación dese santo, en Lenggries; a Xerusalén que plasmou estaba imaxinada ás beiras do Isar. Durante o século os artistas da denominada "Escola de Múnic", como Wilhelm Scheuchzer, Joseph Wenglein e Wilhelm von Kobel, esciolleron o río como motivo das súas pinturas realísticas.

O río e os xerarcas nazis[editar | editar a fonte]

Ante a sospeita de que unha vez xulgados e condenados a morte nos Xuízos de Nuremberg o 16 de outubro do 1946 as tumbas dos dez axustizados, Von Ribbentrop, Keitel, Jodl, Rosenberg, Frick, Seyss-Inquart, Sauckel, Kaltenbrunner, Frank y Streicher) e máis Göring que lograra suicidarse na xornada previa ao seu axustizamento, puideran converterse en lugares de culto para nostálxicos do réxime decidiuse que serían incinerados e as súas cinzas deitadas no río Isar.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Isar