Alfred Jodl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfred Jodl

Alfred Jodl, nado en Wurzburgo, Alemaña, o 10 de maio de 1890 e finado o 16 de outubro de 1946, foi oficial da Wehrmacht e axudante personal de Wilhelm Keitel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado na escuela de cadetes en Múnic, graduouse en 1910, incorporándose ao exército como oficial de artillería. Durante a Primeira Guerra Mundial combatiu nas frontes occidental e oriental, sendo ferido en dúas ocasións.

Coñeceu a Adolf Hitler en 1923 e en 1935 foi nomeado Xefe de Defensa Nacional da Wehrmacht. O 26 de agosto de 1939 ascendeu a xeneral. Durante a Segunda Guerra Mundial foi Xefe do Departamento de Mando e Operacións no OKW, sendo conselleiro estratéxico de Hitler. Á morte deste foi nomeado Xefe de Estado Maior de Karl Dönitz, asinando a capitulación incondicional de Alemaña en Reims o 7 de maio de 1945.

Foi detido polo exército británico o 23 de maio de 1945, recluido no campo de prisioneiros de guerra de Flensburg e acusado polo Tribunal de Nuremberg de crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo executado na forca o 16 de outubro de 1946.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfred Jodl