Wilhelm Keitel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Keitel.

Wilhelm Bodewin Johann Gustav Keitel nado en Helmscherode en 1882, foi un mariscal do exército alemán durante a Segunda Guerra Mundial. Foi capitán de estado maior durante a Primeira Guerra Mundial e máis tarde xefe do departamento de administración do Ministerio de Guerra en 1935. Nomeado en 1938 Comandante en Xefe das Forzas Armadas, asinou a capitulación perante o exército soviético en 1945 en presenza de Gueorgui Zhukov. Xulgado en Nüremberg, foi condenado por crimes de guerra, crimes contra a paz e crimes contra a humanidade, sendo finalmente aforcado.