Bad Tölz
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bad Tölz é unha cidade da Alemaña, capital do distrito de Bad Tölz-Wolfratshausen, na rexión administrativa de Oberbayern, estado de Baviera. A cidade é unha estancia termal moi coñecida na Alemaña.
[editar] Xeografía
Bad Tölz fica no val do río Isar (en alemán: Isartal), á entrada do chamado Isarwinkel (ángulo do Isar). A cidade é localizada a 50 km a sur de Múnic. Os municipios veciños son:
- a Sur: Gaißach, Wackersberg, Lenggries
- a Norte: Königsdorf, Sachsenkam, Dietramszell, Geretsried
- a Leste: Greiling, Reichersbeuern, Waakirchen
- a Oeste: Bad Heilbrunn
[editar] Historia
- 1331 A poboación de Tölz recibe o dereito a estabelecer un mercado do Emperador Ludwig o bávaro.
- 1453 Un gran incendio destrúe a Marktstraße (rúa principal), igrexa e fortificación.
- 1845 Descobrimento de fontes de Iodo na montaña Sauersberg.
- 22 de Xuño de 1899 Tölz recibe o título de Bad (concedido á poboacións con estancia termal).
[editar] Personalidades
- Thomas Mann (escritor, posuíu aquí unha casa de vacacións)
- Klaus Mann (escritor, fillo de Thomas Mann, pasou aquí parte da súa infancia)