Quagga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quagga
Exemplar no Zoo de Londres, 1870
Exemplar no Zoo de Londres, 1870
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX.svg
Extinto dende 1883
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: 'Equus'
Subxénero: Hippotigris
Especie: 'Equus quagga'
Subespecie: E. q. quagga
Nome trinomial
Equus quagga quagga
(Boddaert, 1785)
Antiga distribución

Antiga distribución
Sinonimia

O Quagga (Equus quagga quagga) é unha subespecie de cebra de planicie (Equus quagga) extinta. Ó contrario que as subespecies hoxe existentes, o quagga era unha cebra de peluxe pardo-avermellado non raiado no lombo e cuartos traseiros, e salpicado de raias negras na cara, pescozo, costados e crinas. O bandullo e as patas eran enteiramente brancas. Estas diferenzas tan grandes en canto a coloración conduciron a que fora descrita inicialmente (1788) como unha especie á parte.

Os quaggas formaban manadas na zona sueste da actual Sudáfrica, sendo especialmente abundantes na provincia do Cabo. O seu nome procede da lingua dos Khoi (Hotentotes) e ten unha orixe onomatopeico: é unha adaptación do ruído característico do propio quagga.

Ilustración dun Quagga

Os quaggas foron cazados desde a chegada dos primeiros colonos holandeses pola súa carne e a súa pel. A mediados do século XIX, a colonización do interior ocasionada polo éxodo dos bóers descontentos coa soberanía inglesa sobre a colonia conduciu á matanza de milleiros de cabezas dentro dun plan xeral de exterminio de animais salvaxes na zona. Esta política tiña como obxectivo o destinar as terras de pasto das grandes manadas ó gando doméstico. A poboación destes animais en liberdade descendeu drasticamente, até o punto de que a especie xa se extinguira en Sudáfrica para 1870. O 12 de agosto de 1883 morreu o último quagga que vivía en catividade no zoo de Amsterdam, extinguíndose definitivamente a subespecie.

O quagga é o único animal extinto cuxo ADN ten sido extraido, secuenciado e estudado na súa totalidade. Grazas a isto, os laboratorios da Smithsonian Institution de Washington, DC puideron probar finalmente e sen asomo de dúbida que o quagga era unha subespecie da cebra de planicie, que se definiu como raza entre 120.000 e 290.000 anos atrás.

A dispoñibilidade de ADN en perfectas condicións fai posible a teórica resurrección do quagga por medio da clonación. Porén, non se ten realizado ningún experimento neste sentido, pero si a formación de "novos" quaggas a partir de cebras de planicie do Parque Nacional Etosha de Namibia mediante un proceso de cría selectiva que potencie as calidades máis afíns ó extinto quagga en cada xeración. O chamado Proxecto Quagga comezou a traballar neste sentido en 1987 con nove cebras procedentes de Etosha, elixidas entre 205 candidatas. O proxecto está en marcha dende entón en Vrolijkheid, preto de Robertson, Sudáfrica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]