Revolución serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Co nome de revolución serbia coñécese a resistencia serbia á dominación otomá, que foi durante moito tempo latente, pero que se maniufestou violentamente cando o Imperio Otomán xa estaba moi debilitado, principios do século XIX e, especialmente, ás dúas insurreccións que estalaron, a primeira no ano 1804, e a segunda no ano 1815.[1][2]

A adopción da primeira Constitución escrita en 1835 aboliu o feudalismo e a servidume,[3] e fixo ao país suzerán.[4]

A revolución serbia non foi só unha rebelión nacional, senón tamén unha revolución social, despois da cal Serbia experimentou un gran progreso debido a que aceptou os valores da sociedade burguesa. Como resultado destes levantamentos e das guerras contra o Imperio Otomán, xurdiu o Principado de Serbia, que foi internacionalmente recoñecido o ano 1878.[5]

O termo revolución serbia foi cuñado polo historiador alemán Leopold von Ranke, no seu libro Die Serbische Revolution, publcado en 1829.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plamen Mitev, Ivan Parvev, Maria Baramova, Vania Racheva (Eds.) (2011): Empires and Peninsulas: Southeastern Europe Between Carlowitz and the Peace Adrianople (1699-1829). Lit Verlag. ISBN 978-3-643-10611-7 (en inglés) Consultada o 7/1/2012.
  2. Dušan T. Bataković: Belgrade in the Nineteenth Century. An Historical Survey. Arquivado 23 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 8/1/2012.
  3. Sima Avramović, The First Serbian Constitution of Sretenje (resumo) Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 8/1/12012.
  4. Negotiations Legal of Serbia (en inglés) Consultada o 8/1/2012.
  5. L. S. Stavrianos, The Balkans since 1453, London: Hurst and Co., 2000, páxs. 248-250.
  6. Leopold Ranke (1847): A History of Serbia and the Serbian Revolution. (Traducido do alemán ao inglés por Alexander Kerr). London: John Murray.)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]